Ens agraden els contes, i creiem que poden ser una manera meravellosa de transmetre els drets humans. Per això, de tant en tant n’explicarem en aquest blog amb la veu de la Nieves, que ens parlarà d'alguns d'aquests drets, que pots utilitzar a classe per parlar de temes com les dones o la diversitat. Esperem que us agradin.
Per iniciar aquest viatge a través d'històries i drets humans, se’m va acudir que hauria de trobar un llibre molt especial. Vaig buscar a la biblioteca municipal, als prestatges de casa i a l'actualitat literària.
Pippi Calzaslargas d'Astrid Lindgren, que no és pas una novetat perquè es va publicar el 1945, ha estat reeditat a Espanya amb gran èxit el 2018 per Blakie Books. Sens dubte és una de les millors referències per a aquest mes de març en el qual escric, i que recomano en femení. Però no he trobat aquesta edició ni altres de similars, esgotades en tots els canals de venda. Celebro aquest èxit actual perquè la Pippi és un personatge especial que, després de gairebé vuit dècades, agrada i identifica dones i nenes de generacions molt posteriors. Pippi és una nena emancipada i lliure fins a les últimes conseqüències més positives. Trenca amb els estereotips de gènere, ja que és intel·ligent i molt forta, atributs socialment vinculats a la masculinitat, i els supera ja que és capaç d'aixecar amb els braços un cavall sense cap esforç. És divertida, es vesteix com vol, té habilitats, no té cap problema amb el que pensen d'ella i és irreverent amb les expectatives socials sobre el bon comportament femení i submís de fa vuitanta anys. Des de llavors fins avui ha plogut molt, però que encara falta molt per assolir la plena igualtat de gènere. Recomanem aquest títol tant per a nenes a partir de vuit o nou anys en endavant, com per a mares, àvies i resta de parentela.
A propósito do politicamente e socialmente correcto e asignado a cada rol nunha visión binaria e heteropatriarcal, lembro a satisfacción de ver e escoitar hai uns días unha entrevista á ilustradora, escritora, compositora e letrista Raquel Díaz Reguera, na que comenta que escribiu e ilustrou un conto para a súa filla porque a esta lle encantaban as princesas rosas e ela tiña que mostrarlle que as nenas han de ter a oportunidade de rachar cos atributos vinculados a estereotipos de xénero aprendendo de modelos ou personaxes alternativos e actuais. Esta idea tivo como resultado o álbum ilustrado ¿Hay algo más aburrido que ser princesa rosa? (Thule Ediciones, 2010). Esta publicación racha coas expectativas de xénero porque as princesas rosas quedan durmidas de aburrimento, non queren bicar sapos e necesitan actividades divertidas como viaxar en globo, rescatar príncipes azuis ou domesticar dragóns. Dálle unha volta aos desexos e ás capacidades das nenas e as mulleres, visibilizando todas as súas potencialidades, o seu espírito aventureiro, as súas preferencias e as súas inquedanzas.
Nesta liña, e cun enfoque de xénero, Raquel Díez Reguera edita posteriormente Cuando las niñas vuelan alto(Lumen, 2017), Las niñas serán lo que quieran ser(Lumen, 2017), Violeta & Co cambian el mundo (Lumen, 2021) e Clara Campoamor, el primer voto de la mujer(NubeOcho, 2019). Todas estas publicacións son álbums ilustrados con deseños de edición moi coidados, de formato cadrado, capa dura, con imaxes de portada e ilustracións coloridas, e teñen o estilo propio de percibir e reproducir desta autora a cada unha das súas protagonistas femininas. Uns percorridos entre relatos fantásticos, ou con base na bibliografía de Clara Campoamor, cun toque máxico, cos que as nenas de a partir de catro ou cinco anos poden sentirse identificadas, con referentes redefinidos para unha construción dunha identidade de xénero máis alternativa e diversa, nun momento clave da súa vida, e sobre todo para iniciar un percorrido persoal menos suxeito a presións e etiquetaxes socioculturais.
Continuando coa ruptura do rol predestinado para as mulleres e definido pola tradición patriarcal, e especialmente para as lectoras que non gustamos das princesas rosas, podemos compartir reflexións sobre outras protagonistas de historias moi persoais que superan expectativas vinculadas a roles constrinxidos de xénero e mostran un mundo de diversidade rico, colorido e libre. Nesta liña, recomendamos o precioso álbum ilustrado Las princesas más valientes, de Dolores Brown e Sonja Wimmer (NubeOcho, 2018). Esta coidada edición, de gran tamaño, de precioso deseño e ilustracións cun incrible e vivo toque persoal da súa debuxante, móstranos a vida, as afeccións, os gustos e as características de diferentes mulleres de todas as idades, todos os lugares e todas as orixes. Elas rodéannos e apenas as visibilizamos ata que este relato nolas vai presentando. Teñen diferentes profesións, diversas idades, identidades de xénero e sexuais; capacidades diversas; viven soas, con fillos e fillas, coas súas parellas homes ou mulleres, desfrutan xogando, bailando, comendo pasteis, actuando, montando espectáculos con monicreques, paseando ou plantando sementes que enchen de vexetación e vida as rúas da cidade. Princesas moi próximas, que finalmente descobren que non queren ser princesas porque hai outras ocupacións moito máis interesantes. Esta edición é recomendable para neolectoras e neolectores de a partir de sete anos.
A continuación, e para outra fase vital, recomendo publicacións con perspectiva de xénero para adolescentes e mozas, comezando por El diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (Ediciones Destino, 2013), relato en primeira persoa dunha adolescente a descubrir e identificar situacións de inxustiza e desigualdade por ser muller, desde a propia vivencia, co que poden sentirse identificadas moitas rapazas lectoras de a partir de doce anos.
Porén, a obra fundamental sobre o que ten sido e é esta perspectiva de xénero é o clásico Feminismo para principiantes (Random House, 2005), ensaio escrito por Nuria Varela (, á que debemos a formación de xénero de máis dunha xeración de mulleres neste país. A autora explica cunha linguaxe moi directa e sinxela o que é o feminismo, a historia das mulleres e as diferentes correntes feministas.Describe e identifica, entre outras cuestións, os micromachismos, ou oriéntanos sobre o emprego dunha linguaxe igualitaria que incorporar aos nosos sans costumes cotiáns. Este libro, de moi fácil lectura, reeditouse en 2018 en versión ilustrada por Antonia Santolaya, nunha coidada e elegante edición, moito máis accesible aínda que as primeiras edicións, con imaxes que combinan tonalidades malvas, brancas e negras, que evocan o estilo narrativo das novelas gráficas. É recomendable, e imprescindible, para adolescentes a partir de quince ou dezaseis anos.
E acabamos este percorrido cun ton morado moi actual, recomendando para mozas e adultas unha das publicacións que ten suposto un referente do discurso feminista do século XXI: Todos deberíamos ser feministas, de Chimamanda Ngozi Adichie (Ramdom House, 2016), texto que corresponde a unha charla TED que se pode ver en vídeo, pero que se reflexiona mellor coa súa lectura. Esta obra só ten un inconveniente de partida: ese “todos” do seu título en inglés orixinal, Everybody should be feminist, que prefiro traducir como Todas y todos deberíamos ser feministas.
A fin de contas, o feminismo ten como obxectivo a igualdade e o recoñecemento dos dereitos humanos de mulleres, nenas e adolescentes. Non deberiamos ser todas, todos e todes feministas?
Só espero que despois de ler nas aulas, e nas nosas casas e nos nosos espazos familiares e de amizade, estas recomendacións e moitas outras máis compartidas con sororidade, avancemos como di Chimamanda, e aprendamos a ser máis activistas e felices feministas, que non odiamos os homes, e que gustamos de levar lapis de labios e tacóns para nosoutras mesmas e non para os homes, e, se apetece, que o desfrute o resto da humanidade.
Ata pronto!