Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Mans sobre cores do Orgullo. © Pixabay Alexandra_Koch

Mans sobre cores do Orgullo. © Pixabay Alexandra_Koch

Blog

Reclamemos Educación en Diversidade

Este ano, o lema das reivindicacións do Orgullo LGBTI será “Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma”. Escolleuse este lema co obxectivo de reclamar a implantación da Educación en Diversidade de maneira xeneralizada como vehículo para combater a LGBTIfobia e reivindicar a implantación das leis LGBTI estatais e autonómicas, fronte aos retrocesos que poden producirse nalgunhas comunidades autónomas.

Amnistía Internacional cre que a educación en dereitos humanos é fundamental para abordar as causas subxacentes das violacións destes dereitos. Creando un contorno propicio ao pensamento crítico, dámoslles espazo ás persoas para que reflexionen sobre os seus propios valores e actitudes e, en definitiva, modifiquen a súa propia conduta. Serve para previr os abusos contra os dereitos humanos, combater a discriminación, promover a igualdade e fomentar a participación da xente nos procesos de toma de decisións.

Por iso, animámosvos a unirvos a esta reivindicación no mes de xuño coas seguintes propostas:

1. Realizar unha charla, organizar un taller ou facer un debate co material educativo “Orgullo de ser”. Tendes actividades á vosa disposición para Educación Primaria e Educación Secundaria, así como moita información complementaria: conceptos básicos, historia LGBTI, discursos de odio...

2. Pórvos en contacto con organizacións LGBTI da vosa localidade, que posiblemente teñan experiencia facendo talleres en centros educativos e poidan achegar testemuños directos. Na web da Federación Estatal LGBTI+ encontraredes un mapa coas 57 entidades federadas. Tamén podedes visitar a Fundación Triángulo, con varias sedes en varias comunidades autónomas.