A chama da liberdade non pode ser encarcerada. Luis Manuel Otero Alcántara (Cuba)

Retrato de Luis Manuel Otero. © AI
Retrato de Luis Manuel Otero. © AI

As persoas participantes aprenderán sobre a liberdade de expresión a través de exercicios prácticos que lles permitan comprender a indignación de non ser capaz de facer que a súa voz se escoite. Esta actividade baséase no caso real de Luis Manuel Otero Alcántara, artista cubano que é preso de conciencia. Nela anímase as persoas participantes a que escriban unha carta para solicitaren a liberdade inmediata e incondicional de Luis Manuel e solidarizárense con el.

 

Resultados de aprendizaxe. As persoas participantes:

  • comprenderán o concepto de liberdade de expresión e saberán relacionalo coa súa propia vida;

  • explorarán a creatividade, a arte e a música como medios de expresión para defender os dereitos humanos a través da historia de Luis Manuel en Cuba;

  • recoñecerán o poder da empatía e a solidariedade con aqueles que viron vulnerado o seu dereito á liberdade de expresión;

  • saberán en que consiste a campaña Escribe polos Dereitos de Amnistía Internacional, e escribirán cartas para apoiaren a Luis Manuel e solidarizárense con el.