As redes sociais recollen moita información sobre o que facemos ao usalas, co fin de nos mostraren contidos de publicidade acordes cos nosos gustos. Son ferramentas que poden enriquecer as nosas vidas, pero tamén están deseñadas para xerar beneficios para as grandes empresas que son responsables da súa xestión e desenvolvemento.
Non suxerimos que deixemos de usar as redes sociais, pero debemos coñecer os riscos para a nosa saúde e a forma en que os dereitos humanos están implicados no seu uso.
Por iso, ofrecemos dous recursos educativos que serán de grande utilidade:
1. Guía didáctica para o profesorado, con actividades concretas para traballar na aula.
2. Guía básica para mozos e mozas, con textos e recursos que poden usar de forma autónoma.
Resultados de aprendizaxe:
Tomar conciencia de que as redes sociais están deseñadas e programadas para manter a nosa atención case a calquera custo.
Desenvolver un pensamento crítico fronte ás dinámicas tóxicas que se dan nas redes sociais: discursos de odio, de incitación á violencia, manipulación, desinformación etc.
Contar con ferramentas prácticas para facer un bo uso das redes sociais no día a día.

