Migrar ou buscar refuxio é unha experiencia común na historia da humanidade. A maioría das persoas, nalgún momento da súa vida, deixan o lugar onde naceron: algunhas trasládanse a unha cidade próxima, mentres que outras deben cruzar fronteiras e comezar de novo noutro país.
Cada ano, millóns de persoas vense obrigadas a abandonar o seu fogar para buscaren seguranza e un futuro digno. Algunhas migran para estudaren, traballaren ou reunírense coa súa familia. Outras vense forzadas a fuxir da persecución, de violacións de dereitos humanos como a tortura, de conflitos armados, da violencia xeneralizada ou dos efectos do cambio climático e dos desastres naturais.
Neste curso terás a oportunidade de adquirir os coñecementos necesarios para reclamar e defender os dereitos das persoas refuxiadas e conseguirás as aptitudes e a confianza precisas para emprender accións orientadas a protexer os seus dereitos. Poderás aplicalos a situacións da vida real e aprenderás a facerlles fronte aos conceptos erróneos, aos prexuízos e ás actitudes discriminatorias.
Resultados de aprendizaxe:
- Explicar e defender o dereito a solicitar e recibir asilo.
- Identificar os dereitos que máis afectan as persoas refuxiadas.
- Avogar porque os gobernos desempeñen un maior papel respecto a previr e deter as violacións dos dereitos humanos das persoas refuxiadas.
- Actuar para protexer os dereitos das persoas que necesitan protección internacional.
Duración: 3 horas
Formato:interactivo e auto-avaliativo
Certificación: certificado de participación

