Ola, ola!
Presentámosvos a actividade didáctica Pena de morte vs. dereito á vida.
Consiste nunha dinámica de grupo na que os e as estudantes reflexionarán sobre os diferentes argumentos a favor e en contra da pena de morte, de acordo con diferentes materiais de Amnistía Internacional referidos na guía.
Inclúe casos reais de Irán (relacionados tamén co dereito á protesta) e do Xapón. Entre eles está o caso de Iwao Hakamada, quen ten a triste honra de ser a persoa que máis tempo pasou no corredor da morte. Aínda que o seu caso finalmente se resolveu favorablemente (parabéns a todas as persoas que traballastes por el!), ilustra á perfección as inxustizas, as consecuencias e as diversas vulneracións de dereitos humanos que comporta a pena de morte.
Obxectivos de aprendizaxe:
- Adquirir conciencia democrática respectuosa co valor dos dereitos humanos.
- Reflexionar sobre os diferentes argumentos a favor e en contra da pena de morte.
- Adquirir conciencia sobre a pena de morte e entender as graves implicacións que comporta a súa práctica.
Esperamos que a desfrutedes!