Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Guía didáctica sobre a violencia sexual e o consentimento, en relación co documental “No estás sola: la lucha contra La Manada” #AulasNoEstásSola

Póster do documental “No estás sola: la lucha contra La Manada”, de Almudena Carracedo e Robert Bahar, onde aparece o debuxo dunha muller ollando...
Póster da película documental “No estás sola: la lucha contra La Manada”, de Almudena Carracedo e Robert Bahar.

Ola, ola!

Presentámosvos unha actividade didáctica relacionada coa proxección do documental No estás sola: la lucha contra La Manada, de Almudena Carracedo e Robert Bahar (El silencio de otros, 2018).

En relación con esta película documental, propoñémosvos esta actividade educativa consistente no visionamento do documental nas aulas e unha posterior dinámica de grupo, utilizando unha serie de preguntas-guía como referencia para que os e as estudantes poidan reflexionar sobre o consentimento sexual, a cultura da violación e a gravidade e variedade das violencias sexuais, así como sobre a urxencia e a necesidade da apertura de, polo menos, un Centro de Crise 24 h de atención ás vítimas sobreviventes de violencia sexual por provincia. Tedes toda a información sobre esta actividade na Guía para o profesorado anexada neste post.

Esta actividade está pensada para desenvolverse en calquera momento do ano, aínda que con especial atención nas datas próximas ao 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Crear un espazo de reflexión que axude a entender e interiorizar os conceptos de consentimento e cultura da violación.
  • Entender a gravidade da violencia sexual e as súas diferentes modalidades.
  • Recoñecer a importancia e a urxencia dos Centros de Crise 24 h de atención ás vítimas sobreviventes de violencia sexual.

Esperamos que a desfrutedes!

#AulasNoEstásSola