Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Guías educativas: o auxe das prácticas autoritarias

Silueta de varias persoas a tirar dunha corda © Amnistía Internacional
Silueta de varias persoas a tirar dunha corda © Amnistía Internacional

En todo o mundo hai moitas persoas que están a percibir cambios profundos na súa sociedade. Hai comunidades inmersas nunhas divisións ou nunha inestabilidade cada vez maiores.

En tempos como estes, vólvese máis fácil para dirixentes políticos e outras persoas poderosas infundir medo e aproveitar as diferenzas, crear divisións entre comunidades e protexer os seus propios intereses. Eses discursos do medo son unha ferramenta poderosa. Permítenlle a quen exerce o poder xustificar medidas extremas que utiliza para restrinxir as liberdades, reescribir as normas, eludir a rendición de contas e concentrar o poder en grupos privilexiados. Así é como comeza a erosión dos dereitos humanos, ás veces de maneira soterrada e outras abertamente.

Os dereitos humanos e as liberdades que garanten non son privilexios nin temas de debate político, son os cimentos das sociedades pacíficas e xustas. Desde o dereito á educación e á igualdade ata o dereito a solicitar asilo e a recibir un trato digno, estes dereitos son para todas as persoas en todas as partes. Os dereitos humanos non son opcionais.

Esta guía está dirixida a calquera persoa que queira entender o modo en que as tácticas do poder autoritario poden silenciar, dividir ou exercer control. Non trata sobre que filiación política ou sistema de goberno é mellor. Tenta entender como se empregan politicamente o medo e a división, como se manipulan os discursos para xustificar prácticas autoritarias e como podemos comezar a cuestionar os sistemas e os relatos que facilitan o aumento da inxustiza.

Resultados de aprendizaxe:

  • Coñecer e entender como se relacionan as prácticas autoritarias coa erosión dos dereitos humanos na actualidade e como afectan especialmente determinados colectivos.
  • Tomar consciencia da importancia dos dereitos humanos e entender que son universais, para todas as persoas e en todos os países do mundo.
  • Reflexionar sobre que papel activo temos para loitar contra os discursos de odio, especialmente na redución de espazos da sociedade civil.