Hai moitas accións que podemos facer, como cidadanía e de xeito individual, no noso día a día para coidar do medio ambiente. Tamén hai outras accións que poden impulsarse desde os centros educativos. Por iso, desde REMA (Red de Estudiantes por el Medio Ambiente) ofrecen dúas guías que podes descargar abaixo:
- Propostas para o coidado do medio ambiente.
- Guía para elaborar un plan de acción ecolóxico no teu centro escolar.
Na web de REMA poderás encontrar ideas sinxelas para pores en marcha a nivel persoal máis recursos educativos, vídeos elaborados por estudantes, vocabulario ambiental e contas de redes sociais de utilidade sobre o tema.
Resultados de aprendizaxe:
- Coñecer os recursos da Red de Estudiantes por el Medio Ambiente (REMA), elaborados por estudantes.
- Tomar conciencia do papel individual e colectivo sobre o coidado do medio ambiente.
- Pór en marcha accións como individuos e como centro educativo para o coidado do medio ambiente.

