Israel imponlle un sistema de opresión e dominación á poboación palestina en todas as zonas que están baixo o seu control —en Israel e nos TPO— e ás persoas refuxiadas palestinas, a fin de beneficiar a poboación israelí xudía. Isto constitúe apartheid e está prohibido polo dereito internacional.
Ofrecémosvos unha presentación coa definición de apartheid, os elementos que inclúe o apartheid, e mais datos e cifras actualizados e un vídeo que podedes proxectar na aula.
Resultados de aprendizaxe:
Explicóuselle ao alumnado o que é o apartheid e cal é a situación actual da poboación palestina en Israel.
Mobilizouse o alumnado para acabar co apartheid, especialmente polo dereito á vivenda da poboación palestina.
>