Presentación: derruben o apartheid, non as vivendas

Unhas nenas palestinas ollan para os entullos dun edificio danado na cidade de Gaza, o 9 de agosto de 2022. © Majdi Fathi/NurPhoto vía Getty Images
Unhas nenas palestinas ollan para os entullos dun edificio danado na cidade de Gaza, o 9 de agosto de 2022. © Majdi Fathi/NurPhoto vía Getty Images

Israel imponlle un sistema de opresión e dominación á poboación palestina en todas as zonas que están baixo o seu control —en Israel e nos TPO— e ás persoas refuxiadas palestinas, a fin de beneficiar a poboación israelí xudía. Isto constitúe apartheid e está prohibido polo dereito internacional.

Ofrecémosvos unha presentación coa definición de apartheid, os elementos que inclúe o apartheid, e mais datos e cifras actualizados e un vídeo que podedes proxectar na aula.

 

Resultados de aprendizaxe:

  • Explicóuselle ao alumnado o que é o apartheid e cal é a situación actual da poboación palestina en Israel.

  • Mobilizouse o alumnado para acabar co apartheid, especialmente polo dereito á vivenda da poboación palestina.