Tras a volta ao poder dos talibán en Afganistán, as escolas para nenas de ensino secundario permanecen pechadas. Isto constitúe unha violación flagrante do dereito á educación e ensombrece o futuro de millóns de nenas afgás. Propómosche un material co que poderás reflexionar sobre o significado do dereito á educación e actuar para que estas nenas volvan ao colexio.
Resultados de aprendizaxe:
Sensibilizarse ante as consecuencias da violación do dereito á educación nas vítimas e na sociedade.
Comprender o significado e a extensión do artigo 26 (DUDH) e dos artigos 28 e 29 (Convención dos Dereitos do Neno), sobre o dereito á educación.
Ser conscientes da situación en que viven adolescentes noutros lugares do mundo e da importancia de lle dar visibilidade para promover cambios.