Rung Panusaya (Tailandia): enfróntase a cadea perpetua por protestas pacíficas

Kung e outras persoas nunha protesta fronte ao  Parlamento tailandés ©Kan Sangtong
Kung e outras persoas nunha protesta fronte ao Parlamento tailandés ©Kan Sangtong

As persoas participantes aprenderán sobre o dereito á liberdade de expresión e á protesta pacífica. Comprobarán a importancia destes Dereitos  nas súas vidas. Coñecerán a situación da xuventude tailandesa que intenta exercer os seus Dereitos. Como parte da actividade, anímase ás persoas participantes a escribir cartas para reclamar xustiza en favor de Rung e mostrar solidariedade con ela.

Resultados da aprendizaxe:

  • Comprender os conceptos do dereito á protesta pacífica e á liberdade de reunión pacífica, e que relación teñen coa nosa vida.
  • Empatizar coas persoas, especialmente se son xoves, que  sufrisen violacións do seu dereito á protesta e á reunión pacífica.