Sufrir unha violación é algo que ningunha muller debería vivir. Mais o trauma non acaba aquí. Continúa con prexuízos, estereotipos e violencia institucional. Un camiño cheo de pedras en que, ao final, son as vítimas as que son tratadas como culpables. O consentimento nas relacións sexuais é fundamental; se non, estas son violencia sexual.
Audiovisual de 1 min 04 s que, a través dunha adaptación do conto de “A bela dormente”, trata o consentimento nas relacións sexuais.