Nesta actividade, as persoas participantes analizan como as suposicións xerais sobre persoas e grupos poden causar discriminación e fomentar a violencia, o estigma e os crimes de odio. Aprenderán por que garantir o dereito a non sufrir discriminación é especialmente importante para quen se identifica como persoas LGBTI (lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuais), e que o Estado ten a responsabilidade de facelo. Como parte da actividade, anímase ás persoas participantes a escribir cartas para reclamar xustiza en favor de Sphere e mostrar solidariedade cos seus membros.
Resultados da aprendizaxe:
• Comprender o concepto de igualdade e non discriminación, e como facemos suposicións sobre a xente.
• Saber describir as consecuencias dunha violación do dereito á igualdade e a non sufrir discriminación.
• Coñecer a función que debe cumprir o Estado de garantir o dereito a non sufrir discriminación.