En agosto de 2012, ás tres da mañá, soldados da infantaría de mariña irromperon na casa de Claudia Medina, na cidade de Veracruz (México). Atáronlle as mans e vendáronlle os ollos antes de metela nunha camioneta e levala á base naval local. Acusárona de pertencer a unha banda criminal violenta.
Audiovisual de 4 min 31 s que reflicte un caso de tortura a través do testemuño dunha persoa, e das formas e malos tratos que sufriu.