O respecto aos dereitos humanos debe situarse no centro de todas as medidas adoptadas en torno á crise mundial do coronavirus da COVID-19 e das que poidan tomarse no futuro.
Conto centrado en entender como funciona o coronavirus e nos dereitos humanos que hai que protexer durante a crise.
Obxectivos
- Facilitar aos máis pequenos e pequenas coñecemento sobre a importancia da protección do dereito á educación, o dereito á saúde e o acceso á auga ou á vivenda.
- Facilitar unha explicación sinxela do coronavirus.