Vinte anos de prisión por alzar a voz. Nasser Zefzazi (Marrocos)

Retrato de Nasser Zefzafi. © AI
Retrato de Nasser Zefzafi. © AI

As persoas participantes aprenderán sobre a liberdade de expresión e de opinión, e o dereito á protesta, a través do caso real de Nasser Zefzafi, líder comunitario e defensor dos dereitos humanos en Marrocos que foi condenado a 20 anos de prisión por alzar a súa voz. Na actividade anímase as persoas participantes a que escriban unha carta para solicitaren a liberdade inmediata e incondicional de Nasser e solidarizárense con el.

Resultados de aprendizaxe. As persoas participantes:

  • reflexionarán sobre as súas propias accións anteriores contra a inxustiza;

  • analizarán a conexión entre o compromiso e a valentía de alzar a voz e os riscos e posibles violacións de dereitos humanos a que se enfrontan algunhas persoas por ese motivo;

  • saberán en que consiste a campaña Escribe polos Dereitos de Amnistía Internacional, e escribirán cartas para apoiaren a Nasser e solidarizárense con el.