Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Xustiza e emerxencia climática na aula: novos recursos para educar en dereitos humanos

Deseño de portada en que se mostra unha imaxe do globo terráqueo cun termómetro, seguido dunha instalación petroleira e a imaxe dunha persoa...
© Colin Foo/Amnistía Internacional

A emerxencia climática é unha das maiores crises de dereitos humanos do noso tempo. Para abordala en centros educativos, compartimos dous novos materiais de Amnistía Internacional que axudan a conectar a crise climática cos dereitos humanos, a xustiza climática e a participación cidadá.

Abandono gradual dos combustibles fósiles xusto e equitativo. Documento explicativo e recursos para facilitadores
Inclúe:
  • Unha gran variedade de claves e actividades para comprender como a produción e o uso de carbón, petróleo e gas afectan o clima, a saúde, o ambiente e os dereitos das comunidades máis expostas.
  • Toda a información necesaria para facilitadores/as.
  • Actividades educativas específicas sobre como as grandes empresas petroleiras e gasistas utilizan operacións de desinformación para moldear o discurso sobre a auténtica gravidade da emerxencia climática e, así, contribuír a atrasar a adopción de medidas eficaces contra o cambio climático.

As actividades propostas teñen diferentes duracións (desde vinte minutos ata unha hora, pasando por actividades de corenta minutos), para que poidades combinalas como mellor consideredes.

Espazo cívico e defensores e defensoras dos dereitos ambientais: esenciais para lograr a xustiza climática
  • Trátase dun documento fundamentalmente informativo que pon o foco nas persoas que se mobilizan para protexer o planeta e os dereitos humanos.
  • Explica por que as liberdades de expresión, asociación e reunión pacífica son esenciais para a xustiza climática, e mostra os riscos que afrontan moitas persoas defensoras ambientais: criminalización, intimidación, ataques e restricións á protesta...

Ambos os materiais permiten traballar co alumnado cuestións como a responsabilidade histórica na crise climática, o impacto desigual do cambio climático, a transición enerxética xusta, o dereito a protestar e o papel das comunidades afectadas. 

Tamén inclúen preguntas de reflexión, casos reais e propostas para o debate e a acción. Ademais, inclúen información sobre os diferentes cursos en liña sobre cambio climático, transición enerxética xusta, defensores e defensoras de dereitos humanos, dereito á protesta etc. da Academia de Dereitos Humanos de Amnistía Internacional

Con estes recursos queremos acompañar os centros educativos na tarefa de formar unha cidadanía crítica, informada e comprometida coa defensa dos dereitos humanos e dun futuro máis xusto, sostible e habitable para todas as persoas.

Esperamos que os desfrutedes. Para calquera dúbida ou comentario, podedes escribir a equipo.educacion@es.amnesty.org ou redescuelas@es.amnesty.org

Seguimos!