Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Perfil de Alina Volik / alina__volik © TikTok

Perfil de Alina Volik / alina__volik © TikTok

Blog

Denunciar a guerra de Ucraína en TikTok

  • Son moitos rapaces e rapazas os que comparten a súa vida cotiá nas redes sociais. E agora tamén a guerra, porque lamentablemente esa é agora a realidade diaria de milleiros de persoas que viven en Ucraína. Plataformas como TikTok ou Instagram achégannos a súa ollada en vídeos en que se mestura a dureza da guerra e o humor como forma de supervivencia. Narran como teñen que refuxiarse das bombas no metro ou tentar fuxir do país. Tamén se converteron nunha vía para lles comunicar a outros familiares –e ao mundo– que se manteñen con vida.
Vega Alonso, colaboradora de Amnistía Internacional,

Valeria Shashenok  (@valerisssh

 

Fotógrafa de profesión, Valeria Shashenok converteuse, con 20 anos, nunha das tiktoker máis seguidas desde o inicio da invasión rusa. Desde a cidade de Chernígov documentou con humor e sarcasmo a súa nova realidade. Mostrounos as receitas da súa nai no refuxio, como é un “día típico nun búnker” para se protexer das bombas ou como facer café sen electricidade. Nos seus vídeos amósanse os entullos de edificios destruídos, como os dun cinema onde lembra que pasou a súa infancia. Facendo uso do sarcasmo, di: “Putin está a reformarnos a cidade”.

Ademais, contounos como logrou saír do país, pasando por distintas cidades e trens. Explica que nun dos tramos estivo dez horas de pé. “É a peor viaxe da miña vida. Grazas, Putin”, escribiu. Xa en Polonia, achéganos o labor de voluntariado de moitas persoas e o seu reencontro en Varsovia cunha amiga. Agora, desde alí, segue a narrarnos como é a súa vida. Segue tamén sen perder o humor cando escribe “refuxiada de moda” e mostra varias pezas da súa nova roupa.

Perfil de Valeria Shashenok / Valerisssh © TikTok

Alina Volik (@alina__volik)

Ten 18 anos. Vivía en Zaporizhia, ao sueste de Ucraína, o lugar onde está a maior central nuclear de Europa, que foi atacada o 4 de marzo. A través de TikTok ten narrado como ela e a súa nai conseguiron subir a un tren ao terceiro intento para poderen ir cara a Chop e Záhony, na fronteira con Hungría, e chegar a Budapest tras 30 horas de viaxe.

Antes de saír, contoulle ao mundo como cambiara a súa vida dun día para outro. Con doses de humor, narraba que facer ximnasia era agora ir ao refuxio e volver á casa, ou que o “adestramento” do día se convertera en acudir a unha tenda ou á farmacia. “Isto non é o peor. A xente doutras cidades non pode nin ir á tenda e dorme no chan do metro”, di nunha das súas publicacións. Nas imaxes ten mostrado edificios destruídos, andeis baleiros en supermercados ou como é o seu refuxio. Tamén compartiu como selaron as ventás da súa casa, como eran os kits de emerxencia ou o feito de que durmía vestida para saír da casa se soaban as sirenas antiaéreas.

Mostro a verdade sobre Ucraína nas miñas historias”

No seu perfil lembra tamén como era Ucraína antes da guerra, mostrando imaxes de distintas cidades do país, coa súa riqueza e beleza paisaxística e patrimonial.

Man a suxeitar un teléfono móbil en que se ve o símbolo de TikTok © Nikuga/Pixabay

Karina Maniukina (@kkkarysia)

Un vídeo de Karina fíxose viral hai uns días. Nel, unha muller, a súa nai, destapaba un piano, limpaba as cinzas que cubrían as teclas e sentaba a tocar. O cuarto onde se encontraban estaba ateigado de cascallos e cristais polo chan, polo sofá e polo propio instrumento. Cunha melodía de Chopin, a nai de Karina despedíase da súa casa na cidade de Bila Tserkva, a uns 80 quilómetros ao sur de Kíiv, para escapar cara ao oeste. A súa casa quedara esnaquizada tras o impacto dunha bomba que caeu preto do seu edificio. Reflectíano outros vídeos de Karina con cuartos sen portas, fiestras no chan, parte dos teitos caídos e cristais por todas as partes.

Marta Vasyuta (@martavayusta

Publica desde o Reino Unido vídeos que lle chegan de xente ucraína, porque viaxou a Londres antes da invasión rusa e non puido volver ao seu país. Parte da súa familia segue en Ucraína. Nunha entrevista á BBC explica que verifica a autenticidade dos vídeos antes de os publicar, xa que as redes sociais están amosando tamén imaxes que non corresponden ao conflito en territorio ucraíno.

Cristian Dascalu(@cristiandascalu93

Con 279.000 seguidores no seu perfil de TikTok, este rapaz estivo narrando como foi a súa fuxida de Ucraína e o camiño ata chegar a Romanía, o seu país de orixe. Tamén ten dado información para a cidadanía, explicando, por exemplo, que había familias romanesas que estaban a ofrecer apartamentos en Kíiv para as persoas que non deran saído aínda da cidade. “É unha realidade de contrastes, de bos e malos momentos”, escribía. Agora tamén explica como facer doazóns para as persoas refuxiadas.

Perfil de Cristian Dascalu / cristiandascalu93 © Tiktok

Nos seus vídeos podemos velo narrando a súa busca de opcións para saír de Ucraína, a presenza de convois militares na estrada, as longas ringleiras de vehículos para botar gasolina, a espera antes de subir nun autobús ou o seu paso pola fronteira. Nunha das súas publicacións escribe: “Vou facer todo o posible para ser optimista e sentirme ben con estas persoas coas que estou”.

“Vou facer todo o posible para ser optimista e sentirme ben con estas persoas coas que estou”.

Destes e doutros perfís de rapaces e rapazas ucraínos, impacta ver como as súas publicacións anteriores ao 24 de febreiro, inicio da invasión rusa, son como os de calquera outro rapaz ou rapaza nas redes sociais, coa súa vida cotiá “normal”, cos seus amigos, os seus bailes, os seus traballos, os seus estudos ou as súas viaxes. A periodista Matilda Boseley recompilou un fío en Twitter cos testemuños e as historias de varios rapaces ucraínos. Tamén o fixo a periodista especializada en tecnoloxía Gina Tost coas historias de Valeria Shashenok, valorando a importancia de coñecer a ollada dos rapaces e rapazas sobre a guerra. Unha ollada próxima e diferente, que os e as adolescentes tamén nos teñen mostrado noutros conflitos como os de Siria ou Palestina.