Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Estudantes de Valencia e Madrid xuntáronse arredor dunha longa mesa nun albergue en Alicante.

Estudantes de Valencia e Madrid xuntáronse arredor dunha longa mesa nun albergue en Alicante.

Blog

Quen di que traballar os dereitos humanos é un aburrimento?: X Xornadas Escolares sobre Dereitos Humanos

  • Dous días, decenas de voces de xente nova, un lugar inmellorable e unha certeza compartida: o mundo pode cambiar, mais non vai cambiar só.
Equipos de Educación en Derechos Humanos de Comunitat Valenciana y Comunidad de Madrid; Alejandro Galvez (agalvez@es.amnesty.org), Responsable de Movilización de Infancia y Comunidad Educativa,

Imaxina un albergue aos pés do Parque Natural Serra de Mariola, coa paraxe natural de fondo. Imaxina que, en lugar de pupitres en fila, hai metros de herba verde. Que, en lugar de encerados, hai láminas reivindicativas colgando entre as árbores, camisetas pintadas á man secando ao sol e grupos de estudantes de secundaria ensaiando diferentes actuacións sobre o poder e a privación de dereitos.

Isto sucedeu no Albergue Riera d’Agres (Agres, Alacante) os días 26 e 27 de xuño, durante as X Jornadas Escolares sobre Derechos Humanos, organizadas polos Equipos de Educación en Dereitos Humanos da Comunidade Valenciana e da Comunidade de Madrid.

Aprender facendo. Aprender sentindo. Aprender transformando.

As sesións levadas a cabo durante os dous días foron intensas, participativas e interactivas. Ninguén escoita unha charla cos brazos cruzados. Aquí os e as estudantes móllanse, equivócanse, propoñen. E, no proceso, sacan a relucir habilidades que ás veces nin sabían que tiñan. “Aínda que as sesións van compactadas, teñen a vantaxe de ser interactivas, o que fai que o alumnado mostre habilidades admirables e de gran potencia”, afirman as organizadoras.

Desde a base GEIA (xénero, equidade, inclusión e antirracismo), fóronse desenvolvendo diferentes talleres, en alianza con outras organizacións, sobre algúns dos principais problemas que afronta o mundo actual:

  • “Emocións en acción”, coa entidade SEMBREM, para entender o que sentimos e relacionarnos mellor.

  • “Camiño ao cambio: desmontando o racismo e a xenofobia”, da man da Fundación Cepaim.

  • “Xustiza climática”, co Equipo de Xuventude de Amnistía Internacional Comunitat Valenciana (AICV), acompañado dunha exposición en pequeno formato.

  • “Pódcasts e DD. HH.”, con Radio Diversa.

  • "Pódcast y DDHH", con Radio Diversa.

Baixo o título “Poder e privación de dereitos”, os e as estudantes traballaron desde a plástica e a música con María Escalona Ponce (impulsora e primeira coordinadora do Equipo de Educación en Dereitos Humanos de AICV), e desde o teatro con Alba García González. O resultado non quedou nun caderno: converteuse en camisetas e láminas que acabaron integradas nunha paisaxe que invitaba os sentidos, e nunha actuación de cada grupo que pechou as xornadas antes de que o autobús a Madrid partise ás catro da tarde. A xente valenciana seguiu un pouco máis, descansando e reflexionando sobre a importancia do activismo para transformar a sociedade.

No medio de todo, atopouse espazo para levantar a voz por quen sofre atrocidades a quilómetros de distancia: pola poboación palestina, reclamando a fin do xenocidio. Porque a defensa dos dereitos humanos non entende de fronteiras nin de calendarios.

Láminas con diferentes dibujos y diseños de los y las estudiantes

Láminas con diferentes debuxos e deseños dos e das estudantes

Os protagonistas das xornadas: os Grupos Escolares de Amnistía Internacional

Estas xornadas son o corazón visible da Rede Educativa polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional: un espazo onde centros de secundaria que xa integran o traballo polos dereitos humanos no seu día a día se reúnen para formarse, compartir e coller impulso, mesmo co curso xa terminado.

Cada Grupo Escolar de Amnistía Internacional que participou nas X Xornadas contou a súa historia. Como se organizaron, que casos traballaron, con que dificultades chocaron e que fortalezas descubriron. Escoitar os e as estudantes narraren o seu propio activismo, forxando ideas novas mentres falan, é do máis esperanzador que vivimos este ano. Todo iso acompañado, ademais, pola mentoría do Equipo de Xuventude AICV. Os e as alumnas volveron das xornadas dispostos a descansar no verán, pero cargados de ideas para defenderen dereitos desde os seus centros educativos o curso próximo.

Falando de estados de ánimo, houbo un momento que merece mención á parte: o serán do venres, fóra da casa, nun lugar que respiraba tranquilidade. Alí a xente compartiu vivencias moi íntimas e intensas. O clima que se creara, esa sensación compartida de estar nun espazo seguro e confortable, fíxoo posible. Ese é, quizá, o ingrediente secreto: cando alguén se sente a salvo, atrévese a dicir o que leva dentro. Ese espazo seguro tamén o proporcionan os Grupos Escolares.

E desde aí tamén se cambia o mundo.

“Voume chea de ideas e de amizades novas”

“Foi unha experiencia moi enriquecedora”, “para repetir”, “apaixonante”, “esgotada, pero contenta”, recoñecen as persoas participantes.

Facer activismo en Amnistía Intencional de forma interxeracional e interseccional é divertido. Enche a mente, dispara a creatividade, sobe a autoestima, esperta a necesidade de cooperar e tece vínculos e alianzas que duran moito máis que unha fin de semana.

Todo o que liches comezou, nalgún momento, cun grupo pequeno de persoas, alumnado e profesorado, que decidiron organizarse no seu centro educativo. Non facía falta ser experto ou experta en nada. Só ter gana de que as cousas sexan distintas. De loitar por un mundo mellor e máis xusto.

Os e as estudantes, coa motivación adecuada, están verdadeiramente dispostos a cambiar o mundo. Son o motor do futuro, e de nada serve que haxa xeracións que actualmente están a loitar polos dereitos humanos se non formamos e educamos outras novas que estean dispostas a compartir o camiño e, chegado o momento, asumir a remuda.

Estudiantes reflexionando sobre cuestiones de derechos humanos

Estudantes a reflexionaren sobre cuestións de dereitos humanos

E agora, por que non ti?

Se estás nun instituto e sentes que queres formar parte disto, podes crear un Grupo Escolar de Amnistía Internacional no teu centro. Se es alumna ou alumno, fala cun profe de confianza. Se es profesor ou profesora, reúne dous ou tres compañeiros e compañeiras, e escribide ao voso Grupo Local de Amnistía Internacional máis próximo ou a redescuelas@es.amnesty.org.

O demais –a formación, o acompañamento, a rede, o apoio– xa está esperándote. Estamos esperándote.

Porque o mundo pode cambiar, mais non vai cambiar só.

Seguimos!