Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Muro co lema escrito “Derruben o apartheid, non as vivendas palestinas”. © AI

Muro co lema escrito “Derruben o apartheid, non as vivendas palestinas”. © AI

Blog
[Translate to Galego:] Un joven palestino sentado junto a la tumba de un amigo en el cementerio de Faluya, en Yabalia, al norte de la Franja de...

[Translate to Galego:] Un joven palestino sentado junto a la tumba de un amigo en el cementerio de Faluya, en Yabalia, al norte de la Franja de Gaza, el 16 de agosto de 2022 © Mohammed Abed / AFP via Getty Images

Blog

Derrubemos o apartheid, non as vivendas palestinas

Israel imponlle un sistema de opresión e dominación á poboación palestina en todas as zonas que están baixo o seu control —en Israel e nos TPO— e ás persoas refuxiadas palestinas, a fin de beneficiar a poboación israelí xudía. Isto constitúe apartheid e está prohibido polo dereito internacional.

Na acción “Derruben o apartheid, non as vivendas” é fundamental dar a coñecer o que é o apartheid e a forma en que Israel mantén un sistema de opresión racial e dominación sobre a sociedade palestina. Para iso, ofrecémosvos unha presentación coa definición de apartheid, os elementos que inclúe o apartheid, datos e cifras actualizados e un vídeo que podedes proxectar na aula.

Como complemento á presentación, dámosvos varias ideas para mobilizardes o alumnado:

1. Proxectar a imaxe do muro dentro da aula ou nalgún lugar ou espazo por onde pasen moitas persoas. Pode deixarse a proxección de forma fixa, para que todo o mundo coñeza a mensaxe, ou facer algunha actividade coa imaxe. Dámosvos algunhas ideas:

  • pedir que escriban mensaxes en post-its y pegalos enriba ata que o muro quede tapado

  • facer fotografías xunto ao muro e colgalas en redes

  • facer unha rolda acerca do que lles fai sentir o que lles suxire o muro

  • outras ideas que se vos ocorran

Podedes descargar a imaxe aquí.

Muro de post-its. © Pixabay

2. Construír un muro, que simboliza a fragmentación, a segregación, a discriminación e a privación que actualmente sofre a poboación palestina. Pódese usar material de reciclaxe (caixas de cartón, briks, paneis de exposición etc.) ou elementos dispoñibles no centro educativo. Nun momento dado, as persoas presentes poden tombar o muro, mostrando como queremos acabar co apartheid.

3. Graffitis contra o apartheid, pintándoos nalgún muro do centro, preferiblemente no exterior. Esta acción chama especialmente a atención se contades con Bacharelato de Artes ou estudos de FP relacionados con deseño e artes gráficas. Trátase de deseñardes un que faga visible o apartheid e mais o cancelo #ApartheidIsraelSTOP

 

Graffiti nun tramo do muro de Cisxordania. © AI

4. E, ademais, para persoas maiores de 16 anos...

  • Asinar a ciberacción: cantas máis persoas actúen, máis forza teremos para acabarmos co apartheid.

  • Difundir a ciberacción por Whatsapp e en redes sociais, para que participen máis persoas e lograr maior impacto.

  • Facer vídeos e fotos en TikTok e Instagram coas mensaxes da acción e incluíndo o cancelo #ApartheidIsraelSTOP