Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Primeiro plano de tres mozos activistas de AI © AI
Blog

E o curso que vén, que? Calendario 21/22

Carlos Sanguino, responsable de educación de AI España,

Chegamos ao final. O curso 20/21 non foi sinxelo, e en ocasións ten posto a proba a nosa resistencia e a nosa capacidade de adaptación. Gustariamos de vos agradecer todo o voso traballo e esforzo malia todas as dificultades, así como a vosa constancia pondo en marcha actividades de educación en dereitos humanos.

Chega o momento de comezar a planificar o curso que vén, así que propoñémosvos este calendario con algunhas datas clave, por se vos parece adecuado incluír algunhas nas vosas programacións.

Setembro/outubro de 2021: A finais de setembro deste ano cumpriranse sete anos da desaparición de 43 alumnos de Guerrero (México) por parte de policías e outros membros do estado, e segue sen esclarecerse o crime e sen facerse xustiza. Proporémosvos traballar sobre este caso e a situación de dereitos humanos en México e que os vosos estudantes actúen directamente para pedir xustiza.

Novembro de 2021: Durante este mes, farémosvos dúas propostas, unha vinculada ao 20N, Día internacional da infancia, e outra relacionada co 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Ambas comporanse de talleres educativos que poderedes pór en marcha na aula e dalgunhas propostas de acción por casos concretos.

Decembro de 2021: Durante este mes poremos en marcha o noso tradicional maratón de envío de cartas ‘Escribe polos teus dereitos’, no que nos uniremos á petición de centos de millares de persoas de todo o mundo para que se respecten os dereitos humanos dalgúns defensores e defensoras de dereitos humanos en diferentes países do mundo.

Xaneiro de 2022: Co gallo do Día escolar da paz e a non-violencia, suxerirémosvos a nosa proposta ‘Regala as túas palabras’, na que os estudantes poderán facerlles chegar palabras de alento e solidariedade a persoas presas de conciencia en todo o mundo.

Marzo de 2022: Arredor do 8 de marzo, Día internacional da muller, realizaremos propostas para traballardes na aula relacionadas cos dereitos humanos da muller, a eliminación dos estereotipos de xénero desde un enfoque de dereitos humanos e a acción por mulleres defensoras de dereitos humanos nalgunha parte do mundo.

Maio de 2022: Con motivo do 17 de maio, Día internacional contra a homofobia, a bifobia e a transfobia, realizaremos propostas educativas relacionadas con diversidade sexual e de xénero, acompañadas dalgunha proposta concreta para actuar a favor do colectivo LGBTI.

Estas propostas serán complementadas con outros materiais e accións que estarán dispoñibles na web da Rede durante o curso. Desexámosvos un feliz verán!