Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Póster da película “No estás sola: la lucha contra La Manada”, onde aparece o debuxo dunha muller ollando de fronte rodeada de puños alzados con...

Póster da película documental “No estás sola: la lucha contra La Manada”, de Almudena Carracedo e Robert Bahar.

Blog

Encontro escolar en liña con Almudena Carracedo, Robert Bahar e Carlota Álvarez (“No estás sola: la lucha contra La Manada”) #AulasNoEstásSola

  • Alejandro Gálvez (agalvez@es.amnesty.org), responsable de Mobilización e Apoio á Comunidade Educativa de Amnistía Internacional España
Alejandro Galvez (agalvez@es.amnesty.org), Responsable de Movilización de Infancia y Comunidad Educativa de Amnistía Internacional España,

Traémosvos un auténtico evento!

No ano 2018, Almudena Carracedo e Robert Bahar regaláronnos El silencio de otros, unha marabillosa película documental na que nos mostra a loita silenciada das vítimas do réxime franquista organizadas na chamada “Querella Argentina”.

Este ano 2024 presentaron No estás sola: la lucha contra La Manada. Producida en segredo e contada a través das palabras das vítimas sobreviventes “Lucía” e “Paloma”, ás que poñen voz as actrices Natalia de Molina e Carolina Yuste, e a través de testemuños inéditos de persoas próximas aos feitos, No estás sola expón gradualmente as costuras do machismo na xustiza, os medios e a sociedade, e mostra como un movemento cambiou a maneira en que un país afronta a violencia sexual hoxe en día.

O documental está dispoñible en Netflix e foi clasificado polo Ministerio de Cultura para maiores de 12 anos, co distintivo “Especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero”. Ten unha duración de 101 minutos (1 h e 41 min).

Os centros de secundaria teredes unha oportunidade única: participar nun encontro escolar en liña vía Zoom con Almudena Carracedo e/ou Robert Bahar e Carlota Álvarez, activista de Movimiento Feminista de Madrid que durante os feitos contribuíu á mobilización social para conseguir a condena por violación aos membros de La Manada. Este coloquio realizarase en castelán e estará moderado por activistas do Equipo de Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional España e por Alejandro Gálvez, do equipo de Amnistía Internacional España.

Neste encontro escolar en liña poderán participar centros de secundaria de todo o Estado. Será unha experiencia moi enriquecedora intercambiar reflexións sobre cuestións como a violencia sexual, o consentimento ou a cultura da violación, entre outras, con Almudena e/ou Robert e Carlota.

Os centros podedes inscribirvos no encontro en liña no seguinte botón (data límite da inscrición: domingo 17 de novembro, ás 23:59):

Inscríbete aquí

A partir do domingo 17 de novembro, ás persoas rexistradas chegaravos un correo electrónico coa ligazón de Zoom e máis información sobre o encontro.

Trátase dunha oportunidade única, contamos coa túa presenza!

 

Pero hai máis: actividade educativa para reflexionar sobre a violencia sexual #AulasNoEstásSola

En relación coa película documental No estás sola, propoñémosvos esta actividade educativa consistente no visionamento do documental nas aulas e unha posterior dinámica de grupo, utilizando unha serie de preguntas-guía como referencia para que os e as estudantes poidan reflexionar sobre o consentimento sexual, a cultura da violación e a gravidade e variedade das violencias sexuais, así como sobre a urxencia e a necesidade da apertura de, polo menos, un Centro de Crise 24 h de atención ás vítimas sobreviventes de violencia sexual por provincia. Tedes toda a información sobre esta actividade na Guía para o profesorado anexada na ligazón.

Aínda que esta proposta educativa (o visonamento do documental e a dinámica de grupo) podedes realizala en calquera momento do ano, a aqueles centros que queirades participar no encontro escolar en liña recomendámosvos desenvolvela antes dese evento. O documental está dispoñible en Netflix e pode proxectarse desde a plataforma de maneira completamente legal en calquera espazo. Igualmente, pode descargarse desde a plataforma para poder velo sen necesidade de conexión a internet.

Así, será unha fantástica oportunidade para comentar con Almudena, Robert ou Carlota as diferentes inquietudes que puidesen xurdir durante a dinámica grupal e o visionamento do documental, para exporlles outro tipo de cuestións, para formular algunhas das preguntas que non se puideron debater na dinámica de grupo ou para facer preguntas sobre as que si que se puido reflexionar e que xerasen un especial interese entre o alumnado.

Actúa!

Como se pode deducir do documental e da actividade educativa, os Centros de Crise 24 h de atención a vítimas sobreviventes de violencia sexual son esenciais. As Comunidades Autónomas teñen a obriga de abrir, polo menos, un Centro de Crise 24 h por provincia. Neste momento, das 52 provincias de España, unicamente dez contan con polo menos un centro de crise: Asturias, Cantabria, Biscaia, Áraba, Guipúscoa, Navarra, Madrid, Albacete, Murcia e Melilla.

Desta maneira, convidamos o profesorado a asinar esta petición de acción para, entre outros temas, reclamarlles aos gobernos autonómicos a apertura dos Centros de Crise 24 h.

Os e as estudantes tamén poderán actuar asinando as follas de acción anexadas neste post, que están adaptadas para menores de idade (dispoñibles en castelán, galego, éuscaro e catalán).

As follas de sinaturas adaptadas dos e das estudantes deben ser remitidas a Amnistía Internacional España mediante correo. O enderezo é c/ Fernando VI, 8, Centro, 28004 Madrid, a nome da Área de Educación.

Moitas grazas por participar!