Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Fotografía dunha estudante a escribir cartas

Fotografía dunha estudante a escribir cartas

Blog

Escribir salva vidas: comeza o Maratón de cartas 2024!

Alejandro Galvez (agalvez@es.amnesty.org), Responsable de Movilización de Infancia y Comunidad Educativa,

Comeza o Maratón de cartas 2024! Como cada 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, propómosvos unirvos á maior recollida mundial de cartas e mensaxes de solidariedade.

Cada ano, persoas de todo o mundo participan nesta campaña. É unha forma realmente fácil de contribuír a un gran cambio facendo algo “pequeno”. Non leva moito tempo; todo o que tes que facer é escribir unha carta, publicar un ‘post’ ou asinar unha petición. En serio, cambiar o mundo é así de fácil!

Nas dúas últimas décadas, millóns de persoas cambiaron a vida doutras que foran privadas dos seus dereitos humanos. De feito, nos últimos 20 anos leváronse a cabo máis de 56 millóns de accións, e máis de cen das persoas incluídas na nosa campaña viron como o seu caso se resolvía de maneira positiva. Só en 2023, efectuáronse case seis millóns de accións en todo o mundo.

É un privilexio ver como as túas accións poden ser decisivas.

Que vos propomos?

Escribir unha carta pode cambiar efectivamente unha vida. Grazas ás cartas e ás accións, cada ano prodúcense cambios reais.

Talvez penses que escribirlle a alguén que non coñeces non pode cambiar a situación, ou que non quererán saber nada de ti; pero cando estás entre reixas ou temes pola túa vida por denunciar inxustizas, que alguén che diga que cre en ti importa moito. Sexa quen for a persoa a quen decidas escribir, lembra que lle encantará saber de ti. É posible que se sinta angustiada e soa, e as túas palabras levaranlle consolo e esperanza.

Durante os meses de decembro de 2024 e xaneiro de 2025, propómosvos actuar a favor de:

  • Neth Nahara (Angola), tiktokeira e activista polos dereitos das mulleres e o dereito á saúde, encarcerada por criticar o presidente angolano.
  • Joel Paredes (Arxentina), ceramista que perdeu un ollo tras o impacto dunha bala de goma por parte da policía durante unha protesta pacífica polo medio ambiente.
  • Oqba Hashad (Exipto), estudante universitario encarcerado e torturado unicamente polo labor de dereitos humanos que exerce o seu irmán, que tivo que fuxir de Exipto.
  • Maria Ponomarenko (Rusia), activista, blogueira e periodista detida por compartir na súa canle de Telegram un vídeo sobre o bombardeo do Teatro Rexional de Donetsk en Mariúpol, e condenada a seis anos de prisión.

Que hai que facer?

Para participardes no maratón de cartas, suxerímosvos a continuación os pasos que seguir:

1. Acceder á presentación interactiva, onde explicamos éxitos conseguidos en anos anteriores, máis detalles de como funciona o maratón de cartas, que casos inclúen postais físicas e como solicitalas, e como cambiar a vida das persoas polas que nos mobilizamos a nivel mundial. Podedes proxectar a presentación ou distribuíla entre as persoas participantes.

En canto a materiais, a presentación inclúe:

  • Dossieres con información dos casos e enderezos para enviar as cartas e postais (traducidos a linguas).
  • Pósteres dos diferentes casos (traducidos a linguas).
  • Follas de sinaturas adaptadas a menores (traducidas a linguas).
  • Talleres de educación en dereitos humanos: Neth e Joel teñen os seus propios talleres específicos, relacionados coa liberdade de expresión e o dereito á protesta. Dispoñemos dun taller xenérico sobre dereitos humanos e o Equipo de Educación en Dereitos Humanos preparou unha actividade que engloba os catro casos.
  • Tres dos casos (Neth, Oqba e Maria) teñen postais físicas deseñadas por Javirroyo.

Nota:o caso de Maria Ponomarenko (Rusia) é un tanto particular. Non dispomos de materiais específicos máis aló dun breve resumo do seu caso, incluído na presentación. Aínda que o seu caso é un dos seleccionados para as postais físicas, na súa postal xa se inclúe unha mensaxe en ruso. Polo que nos informaron, é a única forma de que lle poidan chegar as tarxetas.

2. Difundir información do maratón. Podedes usar os pósteres que vos facilitamos e pegalos polo voso centro, ou propor que se elaboren murais e debuxos sobre os casos mencionados e pólos nalgún lugar visible para todo o mundo (lugares de paso, entrada, cafetaría, biblioteca etc.).

3. Realizar algún ou varios dos talleres e actividades de educación en dereitos humanos, usando o material educativo que vos ofrecemos, con varios recursos educativos que podedes descargar.

4. Actuar por unha ou varias das persoas para unirvos ao maratón. Hai varias opcións: escribir cartas, realizar debuxos, escribir mensaxes de solidariedade nas postais físicas e asinar as follas adaptadas que incluímos.

5. Dar a coñecer o voso traballo: enviádenos fotos e vídeos das accións que fagades a redescuelas@es.amnesty.org; queremos facer un vídeo para mostrar toda a mobilización que houbo polo maratón na Rede Educativa. Na presentación tendes instrucións para realizar as fotos e os vídeos.

Podedes descargar todos os materiais necesarios aquí:

ligazón aos materiais

Esperamos que desfrutedes da actividade. Seguimos!