Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
[Translate to Galego:] Protesta de Amnistía Internacional en Kuala Lumpur con una gran pancarta amarilla “Stop the executions” contra la pena de...

Activistas de Amnistía Internacional protestan fronte á embaixada de Singapur en Kuala Lumpur para esixir que se deteña a execución de Pannir Selvam, condenado a morte por un delito de drogas en Malaisia. © NurPhoto via Getty Images

Blog

Pena de morte no mundo: preguntas e respostas clave

  • A pena de morte é a forma máis extrema de castigo cruel, inhumano e degradante. Amnistía Internacional oponse en todos os casos, sen excepcións, porque viola o dereito fundamental á vida.
Alberto Senante, Colaborador de Amnistía Internacional,

A pena de morte non só segue vixente en decenas de países, senón que nalgúns aumentou a súa aplicación nos últimos anos. Arabia Saudita e Irán lideraron as execucións en 2024, mentres que os Estados Unidos renovaron o seu uso en varios estados. Serve realmente para frear a delincuencia? Que delitos se castigan coa pena capital? Amnistía Internacional España ofréceche 10 respostas imprescindibles para entenderes por que esta práctica vulnera os dereitos humanos e debe ser abolida en todo o mundo.

1. Por que Amnistía Internacional se opón á pena de morte?

É sinxelo: a pena de morte atenta contra o dereito humano máis básico, o dereito á vida, recollido no artigo 3 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. É a forma máis extrema de trato cruel e inhumano que pode exercer un estado. Ademais, sempre existe a posibilidade de executar unha persoa inocente, o que constitúe unha inxustiza tan dramática como irreversible.

En todo o mundo, a pena capital aplícase de forma discriminatoria: condénase con maior frecuencia a persoas empobrecidas, pertencentes a minorías étnicas ou relixiosas, ou con algunha discapacidade mental ou intelectual. Algúns gobernos utilízana, ademais, como ferramenta de represión para silenciar a oposición e sementar o medo entre a poboación, como se viu en Irán tras o levantamento “Mulleres, Vida, Liberdade”. As autoridades iranianas executaron máis de 1000 persoas no que vai de 2025, a cifra máis alta de execucións anuais en Irán que Amnistía Internacional rexistrou en polo menos os últimos 15 anos.

Activistas de Amnistía Internacional participan nunha acción simbólica contra a pena de morte e as execucións en Irán. © Pierre Crom / Amnesty International

2. A pena de morte ofrécelles xustiza ás vítimas?

As persoas que perderon os seus familiares ou seres queridos teñen dereito a que os acusados rendan contas perante a xustiza e, se son declarados culpables, reciban unha condena. Pero iso non implica recorrer á pena de morte. Non se trata de que ningún delito quede impune ou de que as vítimas deixen de recibir reparación, mais, tal e como teñen sinalado moitas familias de persoas asasinadas, a pena capital non alivia o seu sufrimento: simplemente, esténdeo a outra familia.

Ademais, non se pode facer xustiza fronte a un crime cometendo outra inxustiza. Todas as persoas, por moi grave que sexa o delito que cometesen, conservan os mesmos dereitos humanos. Ninguén pode ser privado do dereito á vida, por moita dor que causase. A execución de alguén ou mesmo a soa ameaza de facelo constitúe un trato inhumano tanto para a persoa condenada como para os seus seres queridos. Os países que a aplican reproducen a mesma violencia que din combater.

Por último, a pena de morte garda moi pouca relación coa xustiza. Tres dos estados que máis a aplican —China, Irán e Arabia Saudita— contan con sistemas xudiciais profundamente inxustos e resolucións opacas, sen garantías.

3. Serve a pena de morte para previr a delincuencia ou o terrorismo?

Este é un dos argumentos máis repetidos a favor da pena capital, mais é falso. Non existen probas de que a aplicación da pena de morte sexa máis eficaz que as penas de prisión para evitar os delitos máis graves. Ao contrario: nos países que a aboliron, a delincuencia non só non aumentou, senón que en moitos casos diminuíu. Os estudos apuntan a que a forma máis efectiva de previr a delincuencia, especialmente os crimes violentos, é adoptar medidas estruturais que reduzan as desigualdades sociais e a discriminación.

En canto ao terrorismo, moitos estados utilizan a pena de morte para mostrar “man dura” fronte a ataques que ameazan a seguridade nacional. Con todo, é moi improbable que a ameaza dunha execución deteña persoas dispostas a morrer polas súas crenzas, como ocorre cos terroristas suicidas.

Ademais, executar persoas condenadas por terrorismo adoita reforzar o relato das súas organizacións, que os presentan como “mártires” e usan a súa morte como xustificación para novas accións violentas. A iso súmase que moitas destas condenas se ditan tras confesións obtidas mediante tortura, o que lle resta toda credibilidade ao proceso. Noutros casos, xúlgase a civís en tribunais militares, algo contrario ao dereito internacional.

Activistas de Amnistía Internacional protestan frente a la embajada de Irán en La Haya con un cartel que exige detener las ejecuciones de manifestantes.

Acción de Amnistía Internacional na Haia (Países Baixos) para esixirlle a Irán que lles poña fin ás execucións de manifestantes. © Pierre Crom / Amnesty International

4. É mellor executar unha persoa que mantela para toda a vida no cárcere?

Non. Ademais da propia execución, a espera no chamado “corredor da morte” supón un exercicio de crueldade cotiá ao que se enfrontan homes e mulleres, culpables e inocentes, incluso menores de idade e persoas con discapacidade mental ou intelectual. A pena de morte elimina calquera posibilidade de rehabilitación ou de absolución, se finalmente se demostra que a persoa é inocente.

Sempre se pode liberar unha persoa por un delito que non cometeu, pero nunca se lle pode dar marcha atrás á pena capital. Segundo o Death Penalty Information Center (DPIC), desde 1973, polo menos 200 persoas condenadas a morte nos Estados Unidos foron exoneradas tras demostrarse que eran inocentes. Lamentablemente, nalgúns casos a rectificación chegou cando xa foran executadas.

Neste sentido, cabe lembrar o caso do xaponés Iwao Hakamada, quen pasou 45 anos no corredor da morte, o período máis longo rexistrado no mundo. Foi condenado tras un xuízo infestado de irregularidades, no que denunciou que confesou en condicións de tortura. Durante décadas, viviu en illamento extremo, sen saber se cada día sería o último. O seu caso converteuse nun símbolo internacional contra a pena de morte, e só tras unha longa campaña global de apoio, na que participou intensamente Amnistía Internacional, foi absolto de todos os cargos, e quedou en liberdade despois de case medio século de inxustiza.

5. Existen métodos de execución considerados humanos e indoloros?

Pola súa propia esencia, toda forma de execución é inhumana, xa que en todo caso xera un sufrimento mental previo inimaxinable tanto para a persoa condenada como para os seus achegados. En moitas ocasións preséntase a inxección letal como o método “máis humano”, ao suxerir que inflixe menos sufrimento físico que outros procedementos tradicionais.

Porén, ese intento de presentar de forma “humana” o acto de executar unha persoa non é máis que un branqueamento: busca normalizar e facer aceptable para a sociedade que, por lei, se lle poida arrebatar a vida a alguén.

Manifestantes sostienen pancarta de Amnistía Internacional con el mensaje Stop executions in Iran durante una protesta contra la pena de muerte.

Protesta de Amnistía Internacional fronte á embaixada de Irán para esixir a fin das execucións e da pena de morte. © Amnesty International / Stephane Lelarge

6. É válida a pena de morte se a maioría da sociedade dun país a apoia?

En moitas ocasións, o apoio social á pena capital baséase en ideas falsas, como que pode reducir a delincuencia (en particular, os asasinatos, as violacións ou o terrorismo). Numerosos gobernos reforzan este argumento, aínda que non exista ningunha proba nin ningún estudo que o demostren.

Ademais, os que defenden esta medida poucas veces están informados sobre o risco de executar persoas inocentes, sobre a falta de garantías en moitos procesos e sobre a posibilidade de que se aplique de forma discriminatoria contra minorías de todo tipo. Só cando os estados ofrezan información rigorosa poderá existir un debate público real sobre esta práctica.

En todo caso, os dereitos humanos, incluído o dereito máis básico –o dereito á vida–, son universais. Non poden depender do goberno de cada momento nin do que opine unha maioría social nun tempo concreto.

Protesta en Singapur con participantes sosteniendo carteles contra la pena de muerte y la violencia de Estado.

Manifestación en Singapur contra a pena de morte e a violencia de Estado. © Roslan Rahman / AFP vía Getty Images

7. Que delitos están castigados coa pena de morte?

Na maioría dos países onde a lexislación prevé a pena de morte, esta limítase a castigar delitos como asasinatos ou actos de terrorismo. Non obstante, tamén existen outros estados que lles aplican a pena capital a delitos que poderían considerarse menos graves ou mesmo a cargos sen ningún rigor xurídico.

Por exemplo, en Irán e en varios países do sueste asiático séguese aplicando a pena capital por tráfico de drogas. No caso iraniano, ademais, utilízase como ferramenta de represión contra os levantamentos populares que reclaman máis liberdades e dereitos, especialmente para as mulleres. Os delitos polos que se lles quita a vida a manifestantes poden ser tan abstractos como “propagar a corrupción na terra” ou “inimizade con Deus”.

Segundo datos da plataforma ILGA, nunha ducia de países a homosexualidade segue castigada coa pena capital. O caso máis recente e alarmante é o de Uganda, onde en maio de 2023 o presidente Yoweri Museveni aprobou a Lei contra a Homosexualidade, que prevé a pena de morte para o delito de “homosexualidade agravada”, ademais de criminalizar os actos sexuais consentidos entre persoas do mesmo sexo e a chamada “promoción” da homosexualidade.

En decembro de 2023, varias entidades presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra a lei, mais en 2024 o Tribunal Constitucional de Uganda revogou unicamente algunhas partes da norma, sen eliminar as disposicións máis graves. Isto provocou un aumento dos ataques contra as persoas LGBTI e contra os que as apoian. Segundo datos recompilados pola ONG ugandesa HRAPF, desde a súa aprobación documentáronse 55 detencións, 3 penas de morte remitidas á Fiscalía, 8 exames anais forzados, 254 desaloxamentos e máis de 200 casos de violencia ou ameazas de violencia.

Amnistía Internacional denunciou que esta lei viola dereitos fundamentais como a igualdade, a liberdade persoal, a protección fronte a tratos crueis ou degradantes e a intimidade, e pediu a súa derrogación íntegra.

8. En que países se producen máis execucións?

En 2024, as execucións a nivel mundial aumentaron drasticamente, impulsadas sobre todo por Irán e Arabia Saudita. Irán executou polo menos 972 persoas –o 64% do total global coñecido–, usando a pena de morte como ferramenta de represión tras as protestas do movemento Muller, Vida e Liberdade. Entre as vítimas houbo persoas condenadas tras xuízos sen garantías, incluído un mozo con discapacidade mental.

Arabia Saudita duplicou as súas execucións, alcanzando polo menos 345. Moitas delas foron utilizadas para silenciar disidencias políticas e castigar persoas da minoría xiíta que participaran en protestas pasadas.

Estados Unidos tamén rexistrou unha repunta, con 25 execucións, a segunda cifra máis alta desde 2015. Catro estados renovaron o seu uso, e Alabama triplicou o seu número de execucións.

Outros países con aumentos significativos foron Iraq (63 execucións) e Iemen (38). En cambio, na África subsahariana observouse unha caída, e Somalia foi o único país da rexión que continuou executando.

A pesar do panorama desolador, houbo algunhas boas noticias: Bangladesh non rexistrou ningunha execución por primeira vez desde 2018.

As cifras globais non inclúen os datos da China, de Corea do Norte e de Vietnam, países onde o segredismo impide coñecer o número real, aínda que se cre que é moi elevado.

Activista sostiene cartel amarillo de Amnistía Internacional con el mensaje Abolish the death penalty durante una protesta contra la pena de muerte en Malasia y Singapur.

Protesta de Amnistía Internacional fronte á embaixada de Singapur en Kuala Lumpur contra a execución de Pannir Selvam, condenado a morte por drogas en Malaisia. © NurPhoto via Getty Images

9. Estase a gañar a batalla para abolir a pena de morte?

A resposta é complexa. Aínda que nos últimos anos se rexistrou un aumento no número de execucións, cada vez menos países aplican a pena capital. Segundo datos de Amnistía Internacional, só 15 países levaron a cabo execucións en 2024, fronte a 20 en 2022 e 16 en 2023, o que representa a cifra máis baixa rexistrada pola organización.

Ao finalizar 2024, 113 países aboliran completamente a pena de morte e 145 eliminárana na práctica ou por lei. En decembro dese ano, máis de dous terzos dos estados membros da ONU apoiaron unha resolución para establecer unha moratoria sobre o seu uso. Este avance contrasta con 1977, cando só 16 países aboliran esta práctica. Hoxe en día, máis de dous terzos dos países do mundo están comprometidos coa súa eliminación definitiva.

En 1977, só 16 países aboliran a pena de morte; hoxe son máis de 113 en todo o mundo.

10. Como afecta a pena de morte as mulleres?

En 2024, das 1518 execucións rexistradas no mundo, 44 corresponderon a mulleres, executadas en países como Arabia Saudita, China, Exipto, Iraq, Irán e Iemen.

Desde Amnistía Internacional documentamos que moitas destas mulleres sufriran violencia e abusos sexuais antes dos delitos polos que foron condenadas. En numerosos casos, estes abusos foron factores determinantes que contribuíron á comisión dos crimes.

Condenalas a pena de morte non só perpetúa un castigo inhumano e cruel, senón que tamén revela a falta de protección e as medidas insuficientes das autoridades fronte á discriminación de xénero.
 

Otras preguntas frecuentes sobre pena de muerte 

Ao longo do artigo vimos as principais dúbidas sobre a pena de morte. Con todo, seguen xurdindo outras preguntas habituais que vale a pena responder. Aquí encontrarás algunhas delas, con información breve e actualizada:

Pasillo de prisión con rejas y alambre de púas que representa el corredor de la muerte y la pena de muerte en el mundo.
O corredor da morte simboliza o sufrimento inhumano que acompaña a pena de morte en prisións de todo o mundo. © Freepik 
1. Cantos países manteñen a pena de morte en 2025?
En 2025, aproximadamente 55 países manteñen a pena de morte nas súas leis, mais a gran maioría non a aplica de maneira regular. Só en arredor de 15 países se levaron a cabo execucións xudiciais en 2024, segundo os rexistros documentados por Amnistía Internacional.

2. Que países executan máis persoas cada ano?
En 2024, os países con máis execucións foron China (cifras secretas, probablemente millares), Irán (polo menos 972), Arabia Saudita (345), Iraq (polo menos 63) e Iemen (38). Irán, Arabia Saudita e Iraq concentraron o 91% das execucións coñecidas a nivel mundial, segundo Amnistía Internacional.

3. Que países aplican a pena de morte por delitos relacionados con drogas?
Varios países seguen a aplicar a pena de morte por delitos de drogas; especialmente, Irán, Arabia Saudita, China e Singapur, e probablemente Vietnam (pola falta de transparencia estatal). Este uso vulnera o dereito internacional, que limita a pena capital aos “delitos máis graves”. Amnistía Internacional documentou que estas execucións afectan de forma desproporcionada persoas de contornas desfavorecidas e adoitan estar marcadas por xuízos irregulares, denuncias de tortura e discriminación. Non existe evidencia de que estas penas reduzan o narcotráfico e, con frecuencia, criminalizan a pobreza e golpean colectivos especialmente vulnerables.

4. Que métodos de execución se utilizan hoxe en día?
Os máis comúns son a inxección letal, a forca, a decapitación, a electrocución e, nalgúns países, o pelotón de fusilamento.

5. Cal foi a primeira vez que a ONU pediu abolir a pena de morte?
En 1977, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a primeira resolución na que se instaba os estados a establecer unha moratoria nas execucións.

6. Aplícase a pena de morte en España actualmente?
Non. España aboliu a pena de morte, e hoxe está prohibida en toda a súa lexislación. Aínda que o artigo 15 da Constitución conserva unha mención histórica a unha posible excepción en tempo de guerra, esa posibilidade quedou suprimida por lei en 1995. Amnistía Internacional defende eliminar esa referencia constitucional e prohibila de forma absoluta.