Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Moha Gerehou: “Unha ollada antirracista debe entrar na educación”

  • Qué hace un negro como tú en un sitio como este é unha frase racista que podemos escoitar a diario. Tamén é o título do libro do periodista, activista e ex-presidente de SOS Racismo Moha Gerehou, no que mostra como o racismo non é unha sucesión de anécdotas puntuais senón unha discriminación estrutural que está en todas as partes: nas conversas diarias, nos titulares dos medios de comunicación, no momento de alugar unha vivenda, no emprego, nas identificacións policiais, xogando ao fútbol etc.
Vega del Val, colaboradora de Amnistía Internacional,

Hai racismo nas aulas?

Ademais do racismo explícito no trato entre alumnos, dos profesores e da propia institución cara ao alumnado migrante e racializado, está todo o que ten que ver co acceso á educación e co progreso no sistema educativo. Se nos asomamos ao patio dun colexio público, vemos a diversidade racial que hai na etapa obrigatoria. Porén, na etapa universitaria, esa diversidade é mínima. Algo está a fallar no camiño.

Que falla?

Hai muchos factores socioeconómicos que evitan que as persoas racializadas e migrantes poidan progresar. De media, as familias migrantes son máis pobres economicamente, e iso acaba afectando a educación. Tamén hai alumnos que teñen que adaptarse ao idioma ou veñen dun sistema que ten outro nivel. Ademais, sufrir racismo nas aulas fai ter peores resultados, menos gana de ir ao colexio etcétera.

Tamén están as expectativas que pon o centro educativo. Ocorre moito co alumnado xitano. O sistema asume que non van estudar, e non hai ningún esforzo dirixido a estes alumnos. Sortear todo isto é difícil cando ademais non se destinan as medidas que se deberían destinar. Talvez se necesitan máis persoas acompañando o alumnado migrante e racializado, e crear un sistema educativo con máis recursos para cerrar as brechas educativas por culpa da discriminación racial.

Fotografía de Moha Gerehou co seu libro ‘Qué hace un negro como tú en un sitio como este’ © Privada

Segundo o INE, un de cada catro menores de quince anos ten ascendentes de orixe estranxeira. Con esta diversidade racial nas aulas, como se explica o racismo?

A diversidade racial por si soa non elimina o racismo. O racismo aprendémolo en todos os ámbitos, nas nosas familias, nas amizades, vendo a televisión, consumindo as redes sociais etc. Imos construíndo esa ollada racista porque vivimos nun mundo que ten un racismo estrutural, e, por tanto, condiciona todos os aspectos das nosas vidas. Isto dinos que temos que facer un traballo antirracista. Se se traballa esa diversidade racial, iso pode levar a un coñecemento e un achegamento das diferentes culturas, orixes e historias de vida.

Está preparado o sistema educativo para facer fronte ao racismo nas aulas?

En absoluto. Pasamos polo sistema educativo sen que se nos fale da diversidade racial como unha riqueza en lugar de como unha ameaza. Ademais, non existe formación antirracista para o alumnado nin para o profesorado. Non existe ningún tipo de protocolo para actuar. Segue sen establecerse un plan de acción claro definido que axude a traballar o antirracismo dentro do sistema educativo.

Como debe ser unha educación antirracista?

Desde todos os ámbitos do sistema educativo pode facerse algo. Por exemplo, se só se recomendan libros de señores brancos, hai un problema, porque se deixan fóra outras perspectivas. Creo moito tamén no poder das asociacións de nais e pais á hora de empurrar as institucións educativas, xa que os seus fillos e fillas poden ser os que vivan ese racismo. Desde aí pode haber moita reivindicación, e, de feito, xa a hai, para intentar que unha ollada antirracista entre na educación.

Hai que facer unha revisión e repensar se a educación recolle a realidade social de España. Apenas temos unha explicación de por que se dan certos movementos migratorios para entender por que un compañeiro da miña clase, cuxos pais son de Senegal, está a vivir aquí. Algo tan sinxelo coma iso. Ten que haber vontade para que os plans educativos teñan en conta esta perspectiva.

Medramos aprendendo estereotipos sobre a migración na publicidade, nos filmes, nos libros etc. Como frealos?

Se a única maneira en que vemos as persoas negras e falamos delas é nun contexto de escravitude, fame ou pobreza, ou morrendo no Mediterráneo, vainos xerar un estereotipo. Ou se para falar de África se fala só de colonización. Tamén vemos os estereotipos na linguaxe e na forma en que mencionamos as persoas negras: moreniñas, de color etc. Todo isto axuda a conformar unha idea do outro, e este outro vai ter un trato diferente por isto. Se queremos frear os estereotipos dentro do sistema educativo, temos que facelo ao nivel de toda a sociedade.

Tamén vemos a discriminación racial nas redes sociais. Que dano fan os discursos de odio a través destas ferramentas?

Nas redes sociais danse as mesmas dinámicas que fóra delas. Logo están as súas dinámicas particulares, como o anonimato ou que se permitan linchamentos virtuais. É moi difícil que se sancionen as contas que se dedican ao acoso. Tamén está o aspecto de como se difunden as mentiras a través de Whatsapp e o difícil que é parar iso e desmontalo.

Desde a perspectiva do racismo, son un lugar hostil, mais, desde a perspectiva do antirracismo, as redes sociais teñen permitido que moitas voces que non encontrariamos acomodo en medios de comunicación comezásemos a través delas, como foi o meu caso.

Dis que te persegue a síndrome do eterno estranxeiro a pesar de naceres en España.

Si, e farao toda a miña vida. Temos a idea estereotipada de que ser español é necesariamente ser branco. Automaticamente asumimos que, se es unha persoa racializada, es estranxeiro. Por tanto, asumo que para unha gran parte da sociedade vou ser eternamente estranxeiro, e que me identificarán como de EE. UU., de Francia, de calquera país africano…, excepto como español, e menos de Huesca, onde nacín. Este asunto é terrible, mais é moito peor cando vén da parte institucional ou da propia Lei de estranxeiría.

É unha utopía unha sociedade libre de racismo?

Non. Son unha persoa negra en España e enfróntome ao racismo en todos os ámbitos, e é unha merda e asúmoo. Mais trato de insistir en que cando es antirracista es radicalmente optimista. Isto quere dicir que, malia coñeceres todo este contexto, ti realizas distintas accións na medida das túas posibilidades para tratar de mellorar a sociedade.

Como se pode ser antirracista?

Hai tantas formas de antirracismo como persoas, mais o que ten que ser inherente é recoñecer ese racismo e actuar, non quedar calado. Tamén é importante que ese antirracismo pase polo colectivo, non pensar que só unha persoa vai resolvelo. Ademais, sermos cada vez máis conscientes dese racismo e compartirmos a información ao noso redor para facer contrapeso dese coñecemento racista que aprendemos desde que nacemos. Tamén apuntarmos á parte máis estrutural da nosa sociedade e facer cambios que perduren.