Vista interior dun piso danado tras un ataque aéreo ruso sobre un complexo de apartamentos en Chuhuiv, Ucraína, o 24 de febreiro de 2022. ©Wolfgang Schwan/Anadolu Agency vía Getty Images

Vista interior dun piso danado tras un ataque aéreo ruso sobre un complexo de apartamentos en Chuhuiv, Ucraína, o 24 de febreiro de 2022. ©Wolfgang Schwan/Anadolu Agency vía Getty Images

Blog

O 24 de marzo, ergue a túa voz xunto co teu alumnado pola poboación civil de Ucraína

Durante os pasados días, miles de persoas en Ucraína viviron sometidas a bombardeos e millóns de persoas víronse obrigadas a fuxir dos seus fogares. Os ataques das forzas rusas contra poboacións civís e a destrución gratuíta de infraestruturas básicas da vida cotiá supoñen unha violación de dereitos humanos.
Nestes momentos, a poboación de Ucraína enfróntase a unha catastrófica crise de dereitos humanos. Están a morrer moitas persoas, mesmo nenos e nenas, e miles de vidas están en perigo. Non podemos esperar máis días: é urxente actuar para protexelas.
O próximo 24 de marzo estaremos protestando polo que ocorre en moitas cidades ucraínas.
Únete xunto co teu alumnado!