Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Mural elaborado por activistas de AI Donostia. © AI

Blog

País Vasco: falamos de dereitos humanos en formación profesional

Jose Manuel Bujanda, activista de AI Donosti,

O pasado 16 de decembro de 2022 foi un moi bonito día para o conxunto de Amnistía Internacional en xeral, e de Euskadi e Donostia en particular, e máis concretamente para a súa chamada “Red de Escuelas – Eskola Sarea”. Ese día, ás 10 da mañá, Esteban Beltrán, director da Sección Española de Amnistía Internacional, participou activamente desde Madrid ao longo dunha hora nunha sesión aberta a todos os centros de Formación Profesional de Euskadi (profesorado e alumnado), chamada “Conversación sobre actualidade e dereitos humanos: todo o que sempre quixeches saber sobre os Dereitos Humanos e nunca te atreviches a preguntar”, dentro dun programa máis extenso chamado Valores 4.0.

A, digamos, alma mater do evento é o centro denominado Tknika de Errenteria, un centro de formación de profesores de Formación Profesional de Euskadi co que se puxo en contacto o grupo da Rede de Escolas do Grupo de Donostia de Amnistía Internacional ao coñecer algunhas persoas que traballaban nese centro e nestes aspectos. Este centro punteiro, Tknika, ten a capacidade real e a sobrada posibilidade de conectarse en rede e no mesmo momento con todos os institutos de FP de Euskadi, e coas súas aulas, onde obviamente están presentes profesorado e alumnado. Esta coordinación da man de Tknika supuxo na práctica que Esteban Beltrán puido estar conectado ao mesmo tempo cun mínimo de 50 profesores e profesoras e un total duns 800 alumnos e alumnas, como pouco.

Estudantes a participar na actividade. © AI

Este moi amplo número de profesores e alumnos é consecuencia do interese que mostraron todos os centros de FP de Euskadi, os seus profesores e o seu alumnado. Hai que manifestar que, ao acabar a actividade (concretamente, ao día seguinte), se lles pasou a todos os asistentes un breve cuestionario para saber a súa opinión, que resultou moi favorable; neste cuestionario, algúns profesores e profesoras indicaron que nas súas aulas se xeraron abundantes debates espontáneos, froito do interese suscitado nas aulas. Os responsables desta actividade de Tknika, persoas ás que coñecemos, mostraron ao finalizar a súa total satisfacción, mesmo emoción contida polo resultado en xeral, polo contido da intervención de Esteban, polo número de participantes, polo interese creado e polas preguntas e intervencións por parte do alumnado.

Os temas tratados foron varios; por citar algúns: o mundial de Qatar, a evasión de impostos, o “dereito á protesta”, a “Lei mordaza”, o valado de Melilla, Irán, Afganistán, Rusia-Ucraína, o internet das cousas, o ciberacoso, a intelixencia artificial, a vulneración da intimidade nas redes sociais, o cambio climático... Hai guerras de “primeira” e de “segunda”? O avance dun país desenvolvido ten que ser á custa da explotación de materias primas e habitantes dos países do terceiro mundo? Que podemos facer nós para non facer minguar os dereitos dos demais?

Esta actividade enmárcase en algo máis amplo; trátase dun proxecto ambicioso:

Desde Tknika estamos a traballar para que as persoas que se forman nos nosos centros de Formación Profesional de Euskadi sexan excelentes profesionais, pero, ademais, a través da liña de traballo Valores 4.0 queremos formar persoas que nos sexan indiferentes ás inxustizas e sexan capaces de mirar a realidade con sentido crítico. Vivimos nunha sociedade onde todo vai rápido, estamos bombardeados por moitísima información... É difícil estar ben infromados e, ás vecs, acabamos "normalizando" algunhas situacións que talvez nun principio nos impresionaban, pero que acabamos por deixar pasar coma se nada".

O alumnado puido, e así o fixo, falar mediante chat na segunda media hora, de forma que se mantivo un diálogo moi activo e moi interesante. Bonita xornada. Felicidades a todos e todas. Grazas a todos e todas.

É máis, o Grupo de Donostia, na reunión que mantivo a posteriori, valorou moi positivamente a actividade desenvolvida no ámbito da “Red de Escuelas – Eskola Sarea”. Sendo consciente o grupo do resultado desta actividade da man de Tknika e do seu efecto multiplicador en todos os centros de FP de Euskadi, profesorado e alumnado, decidiu pórse en contacto cos responsables de Valores 4.0 de Tknika a comezos de 2023 e, coa antelación suficiente e o tempo necesario, ver de cara ao futuro o tipo de relación e coordinación que se poderá manter, con intención de deseñar e levar a cabo outras iniciativas deste tipo con temas de interese e relatores con capacidade comunicativa probada.Adiante na loita a favor dos Dereitos Humanos! Apúntate!