Grupo de estudantes a participar nun taller impartido por Eneko. © Paco Ruano

Blog

Viñetas ao Poder: Organiza un taller no teu centro con Frente Viñetista e Amnistía Internacional!

Siempre crin que o humor ñe a mellor terapia para a mente. Penso que é un bo instrumento, non para solucionar os problemas sociais actuals, mais si para pólos de manifesto, para que a xente tome consciencia de que existen."

(Gila Humorista gráfico, cómico, escritor, poeta. (1919-2001) 

As organizacións Frente Viñetista e AI unímonos para falar de dereitos humanos a través de viñetas. Se queres apuntarte ou ter máis información, podes facelo aquí.

A liberdade de expresión implica poder comunicarnos e expresarnos libremente. Un dereito fundamental para vivir nunha sociedade xusta e aberta. Os gobernos afirman defendela, mais en realidade non é así: por todo o planeta hai xente que vai á cadea –ou sofre algo peor– simplemente por falar.

O humor é un aliado poderoso da liberdade de expresión. Historicamente, as caricaturas teñen sido críticas coa opresión e a falta de dereitos humanos, e vehículo para difundir ideas contrarias a réximes autoritarios.

Por iso, ofrecémosvos a posibilidade de organizar un taller, coordinado por un viñetista profesional e un membro de Amnistía Internacional, en que os/as estudantes son protagonistas, e, a partir da reflexión inicial sobre as caricaturas dos viñetistas, elaborarán as súas propias sobre un tema concreto de dereitos humanos (dereito a protestar, refuxio, cambio climático ou dereitos humanos da muller).

A asociación Frente Viñetista é unha asociación de ámbito nacional creada en 2018, que ten como fin a denuncia de situacións que poidan sufrir os humoristas gráficos, así como a promoción e a difusión do seu traballo.No taller participarán viñetistas que colaboran habitualmente con prensa e publicacións estatais, como Atxe, Ferrán Martín, Adene, Kap ou Eneko.

Estudantes elaborando viñetas durante un dos talleres. © Paco Ruano

Que duración ten?

  • Arredor de dúas horas.

Canta xente pode participar?

  • Máximo 30 persoas.

En que consiste?

  • Introdución xeral sobre a temática de dereitos humanos coa que se vai traballar.

  • Análise de viñetas de debuxantes profesionais.

  • Elaboración de viñetas polos/as estudantes.

  • Análise conxunta final.

Ten custo? Otaller ten un custo de 200 euros + IVE, que se dedicarán a honorarios de debuxantes e funcionamento de Frente Viñetista (pode ter un custo adicional de transporte, fóra das capitais).

En que provincias? Os talleres son posibles en Madrid e Cataluña (Barcelona, Lleida e Tarragona).