O 26 de setembro do 2014, 43 estudantes da Escola Normal Rural de Ayotzinapa foron suxeitos de desaparición forzada en Iguala, no estado de Guerrero ao Sur do país. Neste material orientado á Educación Secundaria proponse que se reflexione sobre o sucedido, os dereitos humanos vulnerados e actuar.
Obxectivos:
- Identificar a vulneración de dereitos no caso das desaparicións forzadas dos 43 estudantes e a súa relación coa Declaración Universal dos DDHH.
- Valorar o traballo de seguimento deste caso por Amnistía Internacional e outros colectivos.
- Tomar conciencia da necesidade de implicación para apoiar as familias do caso de Ayotzinapa para que non quede no esquecemento e para que se faga xustiza.
>