Conxunto de materiais educativos centrado en dar visibilidade aos defensores e defensoras de dereitos humanos. Incorpora información para o profesorado, casos reais e un total de once talleres participativos para traballar dentro ou fóra da aula. As actividades están pensadas cunha orde específica e para poder afondar na temática desde un enfoque integral, malia que cada unha delas pode realizarse de maneira independente.
Obxectivos
- Aumentar o coñecemento acerca de quen son os defensores e defensoras dos dereitos humanos e a importancia do seu traballo.
- Fomentar a reflexión sobre os discursos negativos que desprestixian e prexudican as persoas defensoras dos dereitos humanos.
- Dar visibilidade aos obstáculos engadidos a que se enfrontan as mulleres e aquelas persoas que defenden dereitos relativos ao xénero.