As persoas participantes aprenderán sobre a detención arbitraria e sobre a tortura e outros malos tratos en Nixeria. Descubrirán todo o que o dereito internacional dos dereitos humanos lle permite facer á policía. Como parte da actividade, animarase ás persoas participantes a escribir cartas de apoio a Imoleayo e mostrar a súa solidariedade con el.
Resultados de aprendizaxe:
- Comprender a función que debe desempeñar a policía na protección dos dereitos humanos
- Saber recoñecer casos de tortura e outros malos tratos, e a súa relación con dereitos humanos concretos
- Sentir empatía cara ás persoas que sofren violacións de dereitos humanos a mans da policía
>