Imoleayo Michael (Nixeria): encerrado nunha cela subterránea por protestar contra a violencia policial

Retrato de Imoleayo Michael © AI
Retrato de Imoleayo Michael © AI

As persoas participantes aprenderán sobre a detención arbitraria e sobre a tortura e outros malos tratos en Nixeria. Descubrirán todo o que o dereito internacional dos dereitos humanos lle permite facer á policía. Como parte da actividade, animarase ás persoas participantes a escribir cartas de apoio a Imoleayo e mostrar a súa solidariedade con el.

Resultados de aprendizaxe:

  • Comprender a función que debe desempeñar a policía na protección dos dereitos humanos
  • Saber recoñecer casos de tortura e outros malos tratos, e a súa relación con dereitos humanos concretos
  • Sentir empatía cara ás persoas que sofren violacións de dereitos humanos a mans da policía