Esta actividade é unha introdución aos dereitos da infancia e a súa importancia para a vida diaria a través da historia de Janna Jihad, palestina de 15 anos. Como parte da actividade, anímase ás persoas participantes a escribir cartas de apoio a Janna e mostrar a súa solidariedade con ela.
Resultados de aprendizaxe:
- Saber que os dereitos da infancia son dereitos humanos
- Comprender a importancia dos dereitos da infancia na súa propia vida e na vida dos nenos e nenas palestinos
- Sentir empatía cara aos nenos e nenas de Palestina cuxos dereitos infantís non se están a protexer
>