Mohamed Baker (Exipto): encerrado por defender a liberdade

Retrato de Mohamed Baker ©AI
Retrato de Mohamed Baker ©AI

As persoas participantes aprenderán sobre o dereito á liberdade e á protección fronte á detención e a reclusión arbitrarias. Comezan analizando a súa propia actitude ante a perda destes dereitos e continúan co caso real de Mohamed Baker antes de emprender accións para pedir a súa liberación.

Resultados de aprendizaxe:

  • Comprender os conceptos de liberdade e protección fronte á detención e a reclusión arbitraria, e como estes conceptos se relacionan coas nosas propias vidas
  • Saber recoñecer casos de violacións destes dereitos e sentir empatía cara ás persoas que sofren violacións de dereitos humanos