Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Pode xustificarse a tortura? Talleres para comprender e denunciar a tortura: guía didáctica para o profesorado

Deseño dunha gaiola dentro da boca dun caimán, con persoas detidas dentro e con dúas persoas (unha que representa a Donald Trump), observando desde...
Deseño dunha gaiola dentro da boca dun caimán, con persoas detidas dentro e con dúas persoas (unha que representa a Donald Trump), observando desde fóra. © Tercer Piso

Presentamos unha nova proposta educativa dirixida a estudantes de secundaria para traballar, desde unha perspectiva crítica e participativa, a comprensión e a denuncia da tortura e outros tratos crueis, inhumanos e degradantes.

A guía didáctica inclúe tres talleres nos que as e os estudantes analizarán casos e testemuños cunha perspectiva de dereitos humanos, participarán en debates éticos sobre a tortura asumindo diferentes papeis e actuarán como observadores e observadoras internacionais de Nacións Unidas nunha misión aos centros de detención migratoria de “Alligator Alcatraz” e Krome, en Florida (Estados Unidos).

Obxectivos principais

  • Comprender o que son a tortura e os malos tratos.
  • Identificar dereitos humanos vulnerados.
  • Comprender e desmontar os argumentos que xustifican a tortura e os malos tratos.
  • Desenvolver un pensamento crítico contra a tortura e os malos tratos, entendendo que non son xustificables en ningunha circunstancia.
  • Promover unha cultura de dignidade, xustiza e non-discriminación.

Resultados de aprendizaxe

  • Os e as participantes aprenderán a analizar situacións de tortura, malos tratos e abusos de poder, póndose na pel de diferentes actores e institucións.
  • Aprenderán a diferenciar entre situacións de violencia de distinto tipo, malos tratos e tortura.
  • Aprenderán a analizar testemuños e feitos desde unha perspectiva crítica e de dereitos humanos.
  • Aprenderán (ou perfeccionarán) habilidades de comunicación e argumentación respectuosa ante dilemas éticos.
  • Aprenderán a establecer recomendacións e propoñer medidas de prevención, protección e reparación.

En caso de calquera consulta, dúbida ou comentario que teñades, podedes escribir a equipo.educacion@es.amnesty.org ou a redescuelas@es.amnesty.org.

Esperamos que poidades desfrutar destes talleres. Seguimos!