As persoas participantes aprenderán sobre a vixilancia do cumprimento da lei, as funcións da policía durante as protestas en México e a violencia específica que sofren mulleres e nenas. Descubrirán o que o dereito dos dereitos humanos lle permite facer á policía, en concreto durante o control de reunións públicas, e tamén o que se pode facer cando os axentes de policía non respectan as normas internacionais sobre o emprego da forza e de armas de fogo.
Resultados de aprendizaxe:
- Comprender a función de protección dos dereitos humanos que debe cumprir a policía, relacionando isto coas nosas propias vidas
- Coñecer as normas aplicables ao uso da forza pola policía e como se relacionan con dereitos humanos concretos
- Coñecer a situación específica que deben afrontar mulleres e nenas cando se manifestan para defender os seus dereitos en México
>