Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Estudantes participantes no certame durante a gala de entrega. © AI

Estudantes participantes no certame durante a gala de entrega. © AI

Blog

A Rioxa: Concurso de audiovisuais “La guerra es muy mala escuela”

Concha Arribas Llorente, Coordinadora do Equipo de Educación en DD. HH. na Rioxa,

Coñecer a existencia dos DD. HH. resulta transformador. A xuventude precisa de proxectos innovadores, de calado social e de calidade... Analizar, debater e implicar o alumnado dos nosos centros educativos na problemática da vulneración dos dereitos humanos resulta humanamente comprometido, fonte de inspiración e referente activo e sincero para colaborar en construír un mundo mellor.

Falar abertamente do cumprimento dos Obxectivos do Milenio ou dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 abócanos indefectiblemente á reflexión sobre o mundo que temos e a utopía do mundo que queremos. O mundo que soñan os nosos mozos e mozas.

Finalizaba 2022 cando escoitamos xuntos a canción Milonga del moro judío, do cantante Jorge Drexler. Un dos seus versos acompañaríanos axiña na oitava edición do concurso da Rede de Escolas de Amnistía Internacional na Rioxa.

La guerra es muy mala escuela” prendeu no noso quefacer escolar como expresión motivadora para difundir a convocatoria. A circunstancia que está a vivir o mundo coa invasión de Rusia a Ucraína —guerra inxusta, cruel e imposta— deunos pé para propor unha reflexión necesaria nas aulas. Conseguimos falar con Jorge Drexler, que mostrou a súa satisfacción e permitiu de boa gana que utilizásemos os seus versos como lema.

2023, un ano máis de premios tras sete concursos escolares anteriores. Unha realidade actual que trata de buscar na Rioxa a interpretación que fan os rapaces, tanto mozas como mozos, da vulneración flagrante dos DD. HH. Contar entre o alumnado da Rioxa con persoas refuxiadas ucraínas e doutros países, como demostran os traballos e os vídeos premiados, encheu de razóns a nosa proposta, ben acollida polo profesorado e o alumnado en xeral. Máis de 600 traballos demostran que a nosa presenza en todos os centros e en todos os niveis escolares é necesaria.

Concha Arribas, de AI, xunto con estudantes premiadas no certame. © AI

Unha nova linguaxe, a dos traballos do alumnado, e, nomeadamente, dos vídeos presentados, reclámanos tamén unha forma nova de actuar. Realidades no mundo vistas con compromiso e con linguaxe e creatividade xuvenís.

Un acto sinxelo, nunha sala de cinema da cidade, púxolle o broche final ao noso traballo o pasado 19 de abril. Familiares, profesorado e alumnado mostraron con agrado e de maneira activa as súas creacións en directo. Brillante. Un ambiente de colaboración nunha xornada educativa entrañable e acolledora; chea de alegría, simpatía e sorrisos: visionamento de vídeos, lectura de textos e música en directo con cancións interpretadas por alumnas e alumnos. Nesta ligazón podedes ver o vídeo gañador.

A nosa mensaxe queda clara: o mundo pode cambiar, pero non vai cambiar só. Precisamos da ollada xuvenil, a visión crítica, a compañía dos más novos para conseguir un mundo mellor. Situámolos nesta tesitura para estimular a súa complicidade, para avanzar en dereitos, no respecto á natureza, sempre cara ao camiño da paz.

POESÍA:

Primer premio: “Berehnya”, de Sara Llanos, IES ESCULTOR DANIEL

Segundo Premio: “Las espinas del ocaso”, de Armin Helic Ibarra, IES LA LABORAL

Primer premio categoría menores de 15 años: “Entre libros, cenizas”, Asier Goñi Nicolás , IES BATALLA DE CLAVIJO

Segundo premio categoría menores de 15 años: “La guerra”, Eva Sáez, IES HERMANOS D’ELHUYAR

RELATO:

Primer premio: “Todos los caminos llevan a Roma”, Lucía Rodo Vicente, IES COSME GARCÍA

Segundo premio: “Para el conocimiento”, Amaia Martínez, IES LA LABORAL

Primer premio categoría menores de 15 años: “24 de febrero de 2022 (Járkov, Ucrania)” Aya Bourhail Benhadi, IES COMERCIO

Segundo premio categoría menores de 15 años: “Huir”, Lian Valiente, IES BATALLA DE CLAVIJO

DIBUJO:

Primer premio: Irene Salillas Martínez, IES COSME GARCÍA

Segundo premio: Dafne Robles García, IES BATALLA DE CLAVIJO

Primer premio categoría menores de 15 años: Sofía Sainz, CENTRO SAGRADO CORAZÓN, JESUITAS

Segundo premio categoría menores de 15 años: Jaqueline García Hurubean, IES COMERCIO

AUDIOVISUAL:

Primer premio: Nicolás Pascual, IES COSME GARCÍA

Segundo premio (compartido): “No a la guerra”, Laura García, Karine Gyangunts, Pilar Nzang Nguema y Yaiza López