Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Activistas de AI coas mans arredor dos ollos. © Paco Ruano

Activistas de AI coas mans arredor dos ollos. © Paco Ruano

Blog

Acaba o curso! Calendario 22/23

Finaliza o curso 21/22 e queremos agradecervos todo o voso traballo e esforzo trasladándolle accións e actividades sobre dereitos humanos ao voso alumnado.

Bernardo, liberado

Durante estes meses recibimos boas noticias, especialmente a da liberación de Bernardo Caal, que foi posto en liberdade o pasado mes de abril, grazas en parte á denuncia realizada desde colexios e institutos de todo o país.

Amnistía Internacional deume esperanza na liberdade e agora son libre. Estou de novo coa miña familia, coas miñas fillas e coa miña parella. Miña nai chorou de alegría ao verme libre. Douvos as grazas a cada un de vós por difundirdes as miñas cartas”, contounos Bernardo á saída de prisión.

Esta non é a única boa nova. Durante estes meses, decenas de centros escolares sumástesvos á iniciativa ‘Contigo unha acollida digna’, na que se propuña correspondencia entre estudantes de centros educativos pertencentes á Rede de Escolas e o programa CONTIGO de Radio ECCA.

Naturalmente, non podemos esquecernos de Ucraína e as mulleres afgás, que ocuparon un lugar central nas propostas que levastes a cabo.

Programando o curso que vén

Durante o próximo curso, proporémosvos traballo polo menos sobre estes temas, por se queredes telo en conta de cara á planificación docente:

Setembro/outubro 2022

Educación das nenas afgás

A situación das nenas en Afganistán segue a ser tráxica, e, como sabedes, o goberno talibán prohibe que asistan ás aulas entre os 12 e os 18 anos. Farémosvos propostas educativas e de acción para visibilizar esta realidade no voso centro educativo.

Novembro 2022 (25-N)

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Durante este mes, farémosvos unha proposta vinculada ao 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Comporase de talleres educativos, que poderedes pór en marcha na clase, e unha acción por casos concretos.

Decembro 2022 (10-D)

Día Internacional dos Dereitos Humanos

Xaneiro 2023 (31-E)

Día Escolar da Paz e a Non-Violencia

Durante este período, poremos en marcha o noso tradicional maratón de envío de cartas ‘Escribe polos teus dereitos’, no que nos uniremos á petición de centos de milleiros de persoas de todo o mundo para que se respecten os dereitos humanos de defensores e defensoras de dereitos humanos en diferentes países do mundo.

Integraremos nesta acción a nosa tradicional proposta de ‘Regala as túas palabras’, na que estudantes e profesorado poderán facer chegar palabras de alento e solidariedade a persoas presas de conciencia en todo o mundo.

Marzo 2023 (8-M)

Dereitos Humanos das Mulleres

En relación co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, realizarémosvos propostas para traballar na aula relacionadas con dereitos humanos da muller, eliminar os estereotipos de xénero desde un enfoque de dereitos humanos e actuar por mulleres defensoras de dereitos humanos nalgunha parte do mundo.

Maio 2023 (17-M)

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

Con motivo do 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia, realizarémosvos propostas educativas relacionadas con diversidade sexual e de xénero, acompañadas dalgunha proposta concreta para actuar a favor do colectivo LGBTI.

 

Estas propostas serán complementadas con outros materiais e accións por persoas concretas, que estarán dispoñibles na web da Rede durante o curso. Á volta do verán volveremos contactar convosco para vos informar das novidades na Rede para o próximo curso. Esperamos que pasedes un estupendo verán.