Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
[Translate to gal:] Imagen de un smartphone

[Translate to gal:] © Particular

Blog

Amnistía Internacional lanza unha ‘app’ de aprendizaxe de dereitos humanos para a próxima xeración de activistas

Amnistía Internacional lanzou Academia de Amnistía, aplicación gratuíta de aprendizaxe de dereitos humanos, que ten por obxecto impartirlle á próxima xeración de defensores e defensoras dos dereitos humanos educación sobre un conxunto de temas, entre os que figuran a liberdade de expresión, a seguranza dixital e os dereitos dos pobos indíxenas.

Contén cursos de entre 15 minutos e 15 horas, aos que poderán acceder persoas de todo o mundo, xa que se imparten en máis de 20 idiomas, entre eles o urdú, o bengalí, o húngaro, o coreano, o ruso, o tailandés, o checo e o turco. A aplicación, dispoñible para dispositivos iOS e Android, permite descargar todos os cursos para facer a aprendizaxe sen necesidade de conectarse a Internet.

“Esta aplicación concibiuse co fin de que calquera persoa, viva onde viva, poida adquirir coñecementos sobre os dereitos humanos, e de animala a facelo. Compartir o coñecemento é unha maneira esencial de defender os nosos propios dereitos e os das demais persoas, así como de loitar pola xustiza e a igualdade en todo o mundo.”

Julie Verhaar, secretaria xeral en funcións de Amnistía Internacional

Unha das principais características de Academia de Amnistía é a aplicación dun enfoque flexible e personalizado da aprendizaxe, que permite comezar os cursos como e cando se desexe. As persoas que fagan algúns dos cursos máis longos recibirán un certificado oficial de finalización do curso, asinado pola secretaria xeral de Amnistía Internacional.

Os cursos dispoñibles en Academia de Amnistía preparáronse e perfeccionáronse ao longo dos tres últimos anos, no marco do sitio web de aprendizaxe de dereitos humanos. Agora melloráronse para poderen realizarse tamén a través do teléfono móbil, e facer así que a aprendizaxe dos dereitos humanos sexa más accesible aínda.

“A educación en dereitos humanos é a base do traballo de Amnistía. O noso obxectivo xeral é garantir que, en todo o mundo, as persoas coñezan os seus dereitos humanos e poidan reclamalos. A aplicación Academia de Amnistía axúdanos a alcanzar este obxectivo por medio dunha plataforma sinxela e accesible, que lles permite a millóns de persoas recibir educación en dereitos humanos de calidade”, afirmou Krittika Vishwanath, directora de Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional.

Academia de Amnistía actualizarase periodicamente para facilitar a aprendizaxe en moitos máis idiomas e con novos cursos que se irán ofrecendo nos meses vindeiros e ao longo dos próximos anos.

iOS

Android