Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Activistas de dereitos humanos suxeitando retratos dos casos deste ano de Escribe polos Dereitos. © AI

Activistas de dereitos humanos suxeitando retratos dos casos deste ano de Escribe polos Dereitos. © AI

Blog

Maratón de cartas 2023: Axúdanos cos teus estudantes a salvar vidas!

Como cada 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, propoñémosvos unirvos á maior recollida mundial de cartas e mensaxes de solidariedade, que decorrerá en 150 países para actuar por defensores e defensoras de dereitos humanos de todo o mundo. Coa acción conxunta de millóns de cartas, sinaturas e mensaxes de solidariedade, actuando sobre persoas concretas que precisan de axuda, conseguimos mellorar a vida dalgunhas destas persoas.

Ademais, este ano cúmprense 75 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o que nos ofrece a oportunidade para reflexionar sobre a importancia do documento máis traducido a nivel mundial e darlles a coñecer a nenos, nenas e adolescentes cales son as liberdades e garantías para todas as persoas no mundo.

Durante os meses de decembro de 2023 e xaneiro de 2024 propoñémosvos actuar a favor de:

  • Maung Sawyeddollah, que se enfronta a Facebook polo seu papel nas atrocidades de Myammar.

  • Justyna Wydrzyńska, procesada en Polonia por defender o aborto sen riscos.

  • Ahmed Mansoor, entre reixas en Emiratos Árabes Unidos por dicirlle a verdade ao poder.

  • Rocky Meyers, no corredor da morte en Estados Unidos.

  • Virginia Laparra, fiscal anticorrupción encarcerada en Guatemala.

 

Para participardes no maratón de cartas, propoñémosvos a continuación os pasos que debedes seguir:

1. Accedede á presentación interactiva, onde explicamos éxitos conseguidos en anos anteriores, e máis detalles de como funciona o maratón de cartas e de como cambiar a vida das persoas polas que nos mobilizamos a nivel mundial. Podedes proxectárllela ou distribuírllela ás persoas participantes.

2. Difundide información do maratón. Podedes usar os pósters que vos facilitamos, ou propoñer que se elaboren murais e debuxos sobre as persoas mencionadas antes e poñelos nalgún lugar visible para todo o mundo (lugares de paso, entrada, cafetaría, biblioteca etc.).

3. Realizade actividades sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, usando o material educativo que vos ofrecemos, con varios recursos educativos que podedes descargar (pasaporte e mapa dos dereitos humanos, kahoot sobre a Declaración e vídeos complementarios).

4. Actuade por unha ou varias das persoas para vos unir ao maratón. Hai varias opcións: escribir cartas, realizar debuxos, escribir mensaxes de solidariedade... Escollede aquelas que vos encaixen mellor!

5. Enviádenos fotos e vídeos das accións que fagades a redescuelas@es.amnesty.org; queremos facer un vídeo para mostrar toda a mobilización que houbo polo maratón na Rede Educativa.

 

Podedes descargar todos os materiais necesarios nesta ligazón