Primeiro plano dun calendario. © Webandi/Pixabay

[Translate to gal:] Primer plano de un calendario ©Webandi/Pixabay

Blog

Calendario para o curso 2023-2024

Sonia Gregorio, responsable de educación de AI España,

O final de curso achégase e, antes do merecido descanso, queremos agradecervos o voso traballo co alumnado nas accións de Amnistía Internacional e a vosa implicación na defensa dos dereitos humanos.

Como sabemos que xa estaredes comezando a planificar o curso académico 2023-2024, a continuación adiantámosvos os temas e as accións que vos proporemos, para que as incluades no voso calendario.

Que desfrutedes moito das vacacións!!


 

Setembro e outubro de 2023

 

Comezo do curso

En setembro de 2022, a moza Mahsa Amini foi detida en Teherán e morreu tres días despois. Desde entón, a situación é moi grave no país: represión nas protestas, aumento das execucións, envelenamento de nenas nas escolas... Farémosvos propostas educativas e de acción para visibilizar esta realidade no voso centro educativo.

Novembro de 2023

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Durante este mes, farémosvos unha proposta vinculada ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Comporase de talleres educativos que poderedes pór en marcha na aula e algunhas propostas de acción por casos concretos.

 

Decembro de 2023

10D: Día Internacional dos Dereitos Humanos

 

Xaneiro de 2024

31E: Día Escolar da Paz e da Non-violencia

 

Durante este período, poremos en marcha o noso tradicional maratón de envío de cartas “Escribe polos teus dereitos”, en que nos uniremos á petición de centos de millares de persoas de todo o mundo para que se respecten os dereitos humanos dalgúns defensores e defensoras de dereitos humanos en diferentes países do mundo.

 

Integraremos nesta acción a nosa tradicional proposta de “Regala as túas palabras”, na que estudantes e profesorado poderán facer chegar palabras de alento e solidariedade a persoas presas de conciencia en todo o mundo.

Febreiro de 2024

12F: Día contra a utilización de Nenos e Nenas soldado

O 12 de febreiro conmemórase o Día Internacional contra o Uso de Nenos e Nenas Soldado, unha data para recordar a infancia que cada día é recrutada para participar en conflitos armados. Deseñaremos novos talleres e materiais para traballardes co voso alumnado.

Marzo de 2024

8M: Día Internacional da Muller

Arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, realizarémosvos propostas para traballar na aula relacionadas con dereitos humanos de muller e actuar por mulleres defensoras de dereitos humanos nalgunha parte do mundo. Deste xeito, participaredes na mobilización que Amnistía Internacional e outros colectivos farán en centos de lugares de España.

Abril a xuño de 2024

22A: Día da Terra

5J: Día do Medio Ambiente

Os dereitos humanos están estreitamente relacionados co cambio climático. Ademais de ameazar a nosa propia existencia, o cambio climático está a repercutir de forma daniña no noso dereito á vida, á saúde, á alimentación, á auga e á vivenda. Ofrecerémosvos propostas educativas, para visibilizar o papel de defensores e defensoras de dereitos humanos.

Todo o curso académico 2023-2024

 

Continúa a colaboración entre Amnistía Internacional e Frente Viñetista. Non perdas a oportunidade de solicitar os talleres no teu centro educativo, coa participación de autores/as de viñetas de renome.

 

En 2023 será o 75.º Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, momento moi especial para darlle a coñecer a declaración ao alumnado, para que os mozos e mozas sexan conscientes dos seus dereitos.