O 21 de abril é o Día Mundial da Poesía e tamén o Día para a Eliminación da Discriminación Racial; que poden ter en común?
Yeison G. López dedícase á investigación e xestión cultural a través da poesía. Recoñécese afro-colombiano e afro-madrileño. Nacido en Cali, leva vivindo en España máis de 20 anos. Dirixe o Centro Espacio Afro e é autor do libro Derecho de admisión. É o seu segundo libro de poemas. Nel recolle a súa experiencia como migrante e somérxenos en temas como o racismo ou o exilio. Charlamos con el para celebrar a coincidencia destes dous días mundiais.
- “Perdonad si estos versos os incomodan / os lanzan una realidad que no queréis mirar, permitidme deciros que vuestra fragilidad /en este espacio no importa /que soy yo el que habla ahora del derecho de admisión /a vuestros comentarios”. Incomoda falar de migración e racismo?
Incomoda moito, e máis desde a proposta que fago no libro de poemas, que non é lacrimóxena nin é un lugar onde a persoa migrante sexa un suxeito pasivo. Fálase desde unha posición en que hai unha denuncia clara de moitos mecanismos de exclusión, como, por exemplo, o espazo do ocio. Falar de migracións desde unha perspectiva antirracista incomoda moito máis.
–“Que no nos digan que esperemos, / nadie puede aplacar nuestra sed de justicia, / no nos pueden culpar por visibilizar una tensión oculta, / no nos pueden señalar por no ser complacientes, / nuestro amor por la existencia se ha manifestado”. Malia esa incomodidade, é necesario falar de antirracismo?
É unha incomodidade necesaria para transformar. Cando buscas transformar un statu quo que está naturalizado, necesariamente incomoda, porque estás a abrir os ollos a unha forma que para ti nonexistía. Por exemplo, sefacemos referencia a unhas narrativas que falan sobre as persoas de orixe migrante ou con historia migrante, como a infancia exuventudedaquel que naceu aquí, pero que non se ten en conta. Non se menciona cando se fala da diversidade racial que hai na sociedade.
–Neste obxectivo de transformar, cales serían os principais temas de reivindicación?
Se queremos entender a raíz do racismo, temos que buscar o marco histórico que alimenta a forma de racismo contemporánea. Este marco histórico ten a pegada dun marco colonialista edun pasado escravista. Coñecendo a raíz, podemos contemplar o racismo desde outro lugar. E, desde aí, propor unha redistribución do poder político e económico para igualar. Se non hai unha corresponsabilidade para que as propias comunidades teñan as capacidades para poder afrontar as dificultades nos ámbitos económico, de xénero e racial, esta sociedade non vaimudar, e sempre vai haber unha especie de tutela dunha parte da sociedade sobre outra. O racismo é unha cuestión de poder.
–Ler o que escriben persoas que son referentes coma ti pode axudar tamén a rapaces migrantes a construíren a súa identidade?
Os referentes son moi importantes para as nosas comunidades porque che permiten tomar postura e soñarte noutras posicións fóra daquelas nas que se supón que tiñas que estar. Eu, de súpeto, comecei a ver a avogados, xornalistas, politólogos... e vin que eu tamén podía ser iso. Pero, ademais, os referentes son moi importantes para toda a sociedade, para deconstruír ese imaxinario racista e colonialista que hai sobre as persoas migrantes racializadas e permitirnos ir cara a ese camiño dunha sociedade sen racismo.
–Como ten marcado a condición de migrante o desenvolvemento da túa identidade?
Sentir que ninguén cría en min no instituto, recibir sinais de que tiña que saír do sistema educativo para pórme a traballar... era unha constante, que segue actualmente. Nunca pensei en ir á universidade, en que podía ser politólogo, poeta ou xestor cultural. Ninguén tiña esperanzas en min, e eu non tiña esperanzas en nada. Actualmente, a miña situación é outra, mais é un proceso que non termina.
–Pode a poesía ser un recurso antirracista?
A poesía ten ferramentas que outras producións culturais no posúen, porque chega a una capa de ti en que non tes que racionalizar, senón que sentes de repente. Agora mesmo hai bastantes poetas de orixe migrante racializada que están a crear unha poesía marabillosa e profundamente antirracista, como Paloma Chen ou Artemisa Semedo, que teñen esa idea de transformar a sociedade desde a parte poética.
Para coñeceres mellor a Yeison, non perdas este videopoema.