Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Cartel co lema “Por un mundo sen pena de morte!"
Blog

En novembro, únete a “Colexios e Institutos pola Vida”

Amnistía Internacional España,

En 1977, Amnistía Internacional comezou a súa campaña global contra a pena de morte, abolida naquel momento en 16 países. Segundo o informe de 2024, as execucións xudiciais aumentaron ata alcanzaren a cifra máis alta en case un decenio, cun rexistro de 1518 execucións en 15 países, sen contar cos milleiros de execucións levadas a cabo na China, en Vietnam e en Corea do Norte, onde estas cifras seguen sendo consideradas segredo de estado (e, por tanto, segue a descoñecerse a verdadeira magnitude do uso da pena de morte nestes países). Esta cifra, lamentablemente, supón un aumento do 32% respecto das 1153 execucións rexistradas en 2023, a maioría en Oriente Medio, onde Arabia Saudita, Iraq e Irán foron responsables do 91% das execucións.

A pesar destas malas noticias, tamén encontramos significativos avances: cada vez é maior o número de países en contra da pena de morte. Neste sentido, Amnistía Internacional documentou execucións en 15 países, fronte aos 20 de 2022 e aos 16 de 2023: o número de países máis baixo rexistrado por Amnistía Internacional. Na África subsahariana, Zimbabwe e Zambia deron pasos positivos para abolir a pena de morte, e consagrar o seu compromiso coa abolición, en virtude do dereito internacional. Eses avances supuxeron que, ao terminar 2024, 113 países fosen totalmente abolicionistas e 145 abolisen a pena de morte na lei ou na práctica.

Se necesitades máis información e datos sobre pena de morte no mundo, podedes visitar a web de Amnistía Internacional.

Que propomos?

Desde 2002, Amnistía Internacional e a Comunidade de Sant’Egidio organizan conxuntamente un acto cidadán contra a pena de morte. Esta acción enmárcase dentro da Xornada Internacional de “Cidades pola Vida, Cidades contra a Pena de morte” que se desenvolve o 30 de novembro. En 2022 participaron máis de 2500 localidades en todo o mundo, iluminando pola noite algún edificio ou monumento histórico.

Convidámosvos a participar no mes de novembro de 2025 na iniciativa “Colexios e Institutos pola Vida”, co obxectivo de vos unirdes á mobilización mundial para abolir a pena de morte en todos os países e difundirdes iniciativas educativas que manteñan viva a atención sobre este tema.

En que consiste?

A toda a Rede Educativa polos Dereitos Humanos propómosvos o seguinte:

1. Seleccionar unha ou varias aulas do voso centro cuxas xanelas dean á rúa para “iluminar” de forma parecida ao que se fai nos monumentos. Nas xanelas, pegar papel celofán translúcido de cores desde dentro da aula ou manter acesas algunhas das luces pola noite.

2. Elaborar un cartel/pancarta no que poña “[Nome do centro educativo] pola vida, por un mundo sen pena de morte” (tamén podedes utilizar as lonas Por un mundo sen pena de morte que atoparedes na ligazón, engadindo o nome do centro) e poñelo nalgún lugar visible para todas as persoas.

3. Ler o manifesto contra a pena de morte na aula ou nalgún lugar concorrido do centro o 30 de novembro, Día Internacional de Cidades pola Vida, ou en datas próximas. Facilitámosvos un modelo na ligazón, pero sentídevos libres de cambiar o que consideredes.

4. Realizar algunha das actividades do material didáctico “Pena de morte vs. dereito á vida” e reflexionar sobre os diferentes argumentos a favor e en contra da pena de morte.

5.Animar a toda a comunidade educativa a realizar o curso en liña “Adoptar unha postura contraria á pena de morte” e poder rebater así conceptos erróneos comúns sobre a pena de morte.

6. Pedir a liberación de mulleres condenadas a morte en Irán por axudar mulleres, nenas e nenos refuxiados e difundilo entre o maior número posible de persoas, para que tamén actúen.
 

Oxalá moitos centros formedes parte de “Colexios e Institutos pola Vida” este ano!