Grupo de nenas afgás sentadas @Pixabay

Grupo de nenas afgás sentadas @Pixabay

Blog

Este 8M actúa polas mulleres e nenas afgás: elas son a revolución!

Tras a toma do poder por parte dos talibáns en Afganistán, as mulleres e nenas afgás enfróntanse a restricións especialmente graves dos seus dereitos na su vida cotiá: a maioría das afgás non poden traballar, a maioría das nenas que superan o sexto curso non poden ir á escola, e as ríxidas normas de segregación por sexos existentes nas universidades limitan as posibilidades de moitas rapazas de cursaren as súas carreiras universitarias.

Ademais, as mulleres enfróntanse agora a un aumento das ameazas de violencia de xénero, e a graves restricións dos seus dereitos á liberdade de movemento, de reunión e de expresión, incluída a súa escolla de roupa.

Propómosche traballares sobre este tema cos teus alumnos e alumnas, especialmente de cara ao 8 de marzo, mediante unha proposta educativa que inclúe:

  • Información para o profesorado e tres talleres básicos sobre activistas afgás.
  • Exposición e carteis sobre mulleres afgás.
  • Proposta de acción.