Neno e nena afgáns riseiros ollando para a cámara © Pixabay/ArmyAmber

Blog

Este 8M, “Elas son a revolución”: propostas educativas sobre dereito á educación en Afganistán

Somos poderosas: as mulleres temos o poder. Prométanme non esquecernos. Os próximos seis meses ou o próximo ano pescuden o que está a pasar no país. Mírennos e pensen en nós. Xuntas podemos logralo"

Activista Afgá

Hai só uns meses, animabámosvos a falar no voso centro do dereito á educación, porque para as nenas de ensino secundario as escolas permanecen pechadas. Agora, a situación de nenas e mulleres empeorou. Á prohibición de mulleres e nenas de accederená educación secundaria e universitaria únense outras medidas discriminatorias:foron sacadas do ámbito público e metidas na casa, non poden viaxar sen iren acompañadas dun parente varón; foron excluídas de numerosos empregos públicos e non poden ser atendidas por médicos varóns; aumentouo número de matrimonios forzados... Non podemos esquecelas; temos que seguir dándolles apoio e loitar polos seus dereitos.
 

Desde agosto de 2021, a vida para as nenas e mulleres en Afganistán é cada vez máis complicada, polo que vos propomos unha serie de actividades con estudantes para mostrar a nosa acción o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Tamén vos pedimos que o voso centro faga un pronunciamento públicoen contra da prohibición de acceso á universidadee á educación secundaria das mulleres e nenas afgás, que podedes enviarnos ata finais do curso 2022-2023.
 

Podes ver as propostas aquí.