Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Panorámica das persoas asistentes á IV Trobada

Panorámica das persoas asistentes á IV Trobada

Blog

IV ‘Trobada’ de activistas novos, Amnistía Internacional València

Àrea d'Educació, AI València,

Máis dun centenar de estudantes e profesores/as de nove centros educativos valencianos reuníronse o 30 de marzo en Valencia para tratar sobre Migración e DD. HH.

Ningún ser humano é ilegal

Co lema Cap ésser humà és il·legal (“Ningún ser humano é ilegal”) desenvolveuse a IV Trobada de Joves Activistes (Encontro de activistas novos) de Amnistía Internacional València.

A xornada abordou desde diferentes frontes o debate sobre “Migración e DD. HH.” co obxecto de dialogar sobre os contidos e animar a unha actitude comprometida e proactiva na defensa da migración como dereito humano.

Tras o saúdo e a benvida iniciais, o alumnado participante foi presentando os seus centros educativos e realizando unha breve descrición dos proxectos que neles desenvolven. 

A continuación, presentouse un primeiro relatorio marco, co obxecto de defender a migración como dereito humano e reflexionar sobre o xeito en que, de forma interesada, está a presentarse a migración no debate político; sobre como elaboramos a nosa percepción da migración e sobre por que interesa unha percepción problemática dela. Finalmente, defendeuse a necesidade do pensamento crítico e do activismo para afrontar esta conxuntura social e política.

Traballo en alianza

Despois do descanso, levouse a cabo unha mesa redonda titulada Olladas á migración, coa participación de diferentes organizacións que traballan con poboación migrante: València Acull, CEAR e Bella África. No desenvolvemento da mesa debateuse sobre as dificultades que encontra a poboación migrante e destacáronse tamén os logros que se puideron conseguir.

Avanzada xa a mañá, realizouse a actividade Biblioteca Humana: historias de vida de persoas migrantes. Grazas á colaboración do Grupo de Mujeres Yemayá, os participantes na Trobada, organizados en seis grupos, puideron escoitar os testemuños de persoas migrantes e, a continuación, dialogar con elas sobre as circunstancias que explican os seus itinerarios vitais. Foi unha actividade moi emotiva que, ademais, permitiu a interacción entre alumnado de diferentes centros educativos.

Para rematar, o alumnado leu o Manifesto da IV Trobada como colofón e conclusión ás ideas expostas ao longo da xornada. 

A foto de familia dos asistentes pechou o acto co berro unánime do slogan da Trobada: Cap ésser humà és il·legal

Asistentes a la IV Trobada reunidos en corro

Asistentes á IV Trobada reunidos formando unha roda

A importancia do activismo xuvenil na defensa dos dereitos humanos

A participación de mozos e mozas e estudantes no activismo é fundamental para construír un mundo máis xusto e solidario. A súa ollada crítica, a súa enerxía e o seu compromiso agregan forza ás loitas sociais e axudan a lles dar visibilidade a inxustizas que moitas veces pasan desapercibidas. Involucrarse na defensa dos dereitos humanos non só transforma a realidade; tamén fortalece valores como a empatía, a igualdade e a xustiza. 

Cando a mocidade e o estudantado alzan a voz, o cambio tórnase posible.

Seguimos!