Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
mans de persoas escribindo cartas no maratón de cartas do ano 2025. © AI

mans de persoas escribindo cartas no maratón de cartas do ano 2025. © AI

Blog

Maratón mundial 2026: facemos 25 anos

Sonia Gregorio, Responsable de Movilización de Infancia y Comunidad Educativa,

En 2026 celébrase o 25 aniversario da campaña “Escribe polos Dereitos”, que se leva a cabo en todas as seccións de Amnistía Internacional arredor do Día Internacional dos Dereitos Humanos e á que Amnistía Internacional España se uniu hai 15 anos co maratón de cartas.

En todo este tempo apoiouse a máis de 200 persoas e emprendéronse máis de 50 millóns de accións en forma de cartas, correos electrónicos, tarxetas, sinaturas de peticións, publicacións en redes sociais etc. Millares de persoas en todo o mundo escribiron cartas tanto a persoas que están vendo vulnerados os seus dereitos como ás autoridades con capacidade para facer que as cousas cambien. Neste artigo podes ler sete historias de persoas ás que o maratón de cartas lles cambiou a vida.

“Grazas por todo o apoio que me brindastes alí cando estaba en prisión, porque me axudou a sobrevivir. Axudoume a crer nalgúns milagres. Estou aquí grazas ao voso apoio”

Aleksandra (Sasha) Skochilenko

Este ano imos actuar por persoas de diferentes países cuxas vidas se viron profundamente afectadas por prácticas autoritarias. Aínda que as súas experiencias son diferentes, en conxunto revelan unha preocupante tendencia a escala mundial e lémbrannos algo igual de poderoso: cando as persoas se unen para pasaren á acción, o cambio é posible. Mobilizarémonos para pedirlles ás autoridades a súa liberación inmediata e tamén enviaremos debuxos e mensaxes de solidariedade para mostrarlles o noso apoio ás persoas encarceradas.

Desde novembro e ata finais de xaneiro de 2027 desenvolverase o maratón de cartas, con dúas datas clave ás que podedes vincular as actividades: o 10 de decembro (Día Internacional dos Dereitos Humanos) e o 31 de xaneiro (Día Escolar da Paz e a Non-Violencia).

 

Para participardes no maratón de cartas, propómosvos a continuación os pasos que seguir:

1. Acceder á presentación interactiva, onde explicamos máis detalles de como funciona o maratón de cartas, todos os materiais dispoñibles e indicacións para vos unirdes á mobilización mundial para actuar por estas persoas. Podedes proxectala ou distribuíla entre as persoas participantes.

2. Difundir información do maratón, para o que vos facilitamos carteis e vídeos pero tamén vos animamos a propor que se elaboren murais e debuxos sobre as persoas e a pólos nalgún lugar visible onde realicedes as accións (lugares de paso, entrada, cafetaría, biblioteca etc.).

3. Actuar para vos unir ao maratón. Hai moitas opcións e podedes escoller unha ou varias persoas: escribir cartas, realizar debuxos, recoller sinaturas, publicar en redes sociais, enviar mensaxes de solidariedade... Escollede aquelas que vos encaixen mellor!

4. Usar as guías sobre liberdade de expresión e sobre liberdade de asociación, profundando en como estes dereitos son vulnerados en moitos lugares, e animando despois a escribirlles cartas ás autoridades, facer debuxos ou enviar mensaxes de solidariedade.

5. Realizar actividades sobre a Declaración Universal de Dereitos Humanos, usando os recursos educativos dispoñibles: pasaporte e mapa de dereitos humanos, adhesivos, exposición de viñetas dos dereitos, vídeos complementarios, Kahoot, cursos en liña etc.

6. Enviarnos fotos e vídeos das accións que fagades a redescuelas@es.amnesty.org para compartilas xunto ás accións que se farán ao mesmo tempo en distintos lugares do mundo.