Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Grupo de estudantes escribindo cartas © AI

Grupo de estudantes escribindo cartas © AI

Blog

Maratón de cartas 2021: Axúdanos cos teus estudantes a salvar vidas!

Amnistía Internacional,

Un ano máis, con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro) propómosvos que vos unades á maior recollida mundial de cartas e mensaxes de solidariedade, que decorrerá en 50 países do mundo e na que se actúa por defensores/as de dereitos humanos de todo o planeta. Nesta ocasión, propómosvos actuar a favor de:

  • Janna Jihad (Territorios Palestinos Ocupados): acosada por expor a violencia israelí
  • Imoleayo Michael (Nixeria): encerrado nunha cela subterránea por protestar contra a violencia policial
  • Wendy Galarza (México): ferida por disparos cando protestaba pola violencia contra as mulleres
  • Bernardo Caal (Guatemala): en prisión por defender un río sagrado
  • Mohamed Baker (Exipto): encerrado por defender a liberdade
  • Zhang Zhan (China):encarcerada por informar sobre a COVID-19

Esta actividade recolle anualmente millóns de sinaturas e mensaxes de solidariedade sobre persoas concretas que precisan de axuda, e grazas a ela conseguimos mellorar a vida dalgunhas destas persoas. É o caso de Nassima al Sada, activista pola liberdade das mulleres, que foi detida en 2018 por defender pacificamente os dereitos humanos. Grazas ao fenomenal volume de 777.611 cartas, chíos e outras accións emprendidas por simpatizantes de todo o mundo, Nassima quedou en liberdade en xuño de 2021 e volveu coa súa familia e as súas amizades.

Se queredes pór en marcha o maratón no voso centro, estes son os pasos que tendes que seguir:

1. Accedede á presentación interactiva, onde explicamos os casos e as accións que se propoñen de cada un. Esta presentación podedes usala ou distribuíla cos/coas participantes

2. Dádelle visibilidade aos casos no centro. Podedes usar os pósters que vos facilitamos, ou proporlles a estudantes que elaboren murais e debuxos sobre eles/as e pólos nalgún lugar visible do centro (corredores, patio, entrada etc.)

3. Se tendes dispoñibilidade, propómosvos que poñades en marcha algún dos talleres previos que suxerimos sobre os casos, co obxectivo de reflexionar sobre o que lles ocorre a estas persoas e sobre as vulneracións de dereitos humanos que están a sufrir.

4. Actuade por algún dos seis casos (ou todos!). Veredes que tendes a opción de realizar accións de solidariedade ou escribir cartas (incluímosvos modelos, por se queredes usalos como guía). Escollede aquelas que mellor vos encaixen!

5. Enviádenos as cartas, así como as fotos e os vídeos das accións que fagades, a redescuelas@es.amnesty.org Tentaremos darlles visibilidade nas nosas redes!

Podedes descargar todos os materiais necesarios nestaligazón.

 >